Unha das cousas máis fermosas que podemos facer como nais e pais é xogar cos nosos fillos. Por desgracia, por mor da vida laboral, o estrés e chegar esgotados a casa ó final do día, quedamos sen enerxía para facelo. Sen embargo, é fundamental que atopes forzas e adiques uns vinte minutos a facelo a diario. E por que?
O xogo non é algo trivial ou frívolo. Xogando é como a humanidade aprendeu a comunicarse e a ser persoa dende tempos inmemoriais. Antes de saber falar, sabíase xogar. Isto é extrapolable ó teu fillo, porque xogando aprenderá a ‘ser’, a coñecerse, a pensar, a crear e a relacionarse. E por iso polo que é un impulso natural nos máis cativos. Se entendes que a súa idade ‘xogar’ é un sinónimo de ‘aprender’, comprenderás por que é tan importante que ti participes nesta actividade.
Xogar cos teus fillos porate, como pai, como unha figura da que aprender, estreita os vínculos entre os dous e é a forma de que aprenda a ter ideas. A mellor forma de conseguilo é que lle deixes inventar as regras do xogo, que desfrutes, que vexa que estás feliz con él ó seu carón e que comprenda que é importante na túa vida. Facelo axudarache a comprender como pensa e cales son os seus intereses.
Beneficios de xogar cos teus fillos e fillas, por que é importante
Para conseguilo ímosche dar dous truquiños: o primeiro é moi sinxelo: deixa o smarthpone nun caixón, escóndeo e non o mires mentres estás con el porque só tes que miralo a el. O segundo é que consigas xoguetes atractivos e bonitos para que nunca perda o interese.
Visita Coccolate, é unha fermosa tenda de agasallos infantís. Atópase en Rúa Médico Amenedo Casabella, 14. Pero garda uns cartos, porque na Xoguetería Tiko Doco teñen un bo montón das mellores marcas. Visita a xoguetería na Travesía de Arteixo 324 (tamén ten dúas entradas, pero a principal é esta, aínda que a outra sexa a fiscal).
E lembra, como mínimo xoga vinte minutos o día co teu fillo.