“SINTE O SABOR DE COCA COLA DE TAPAS POR ARTEIXO”

Nesta edición mantívose a colaboración de Coca Cola, quen de novo patrocinou un concurso de fotografías nas redes sociais, no que os clientes do concurso de Tapas podían subir fotografías degustando tapas e Coca Cola ao máis puro estilo dos anuncios “Sinte o Sabor de Coca Cola”, nos que se anima a reencontrar o especial sabor de Coca Cola cando se bebe directamente pola botella, e ben fría.

Coca Cola vincúlase de novo á hostalaría de Arteixo, facendo que o seu premio para este concurso, sexa invitar aos gañadores a un xantar ou unha cea en establecementos hostaleiros de Arteixo.

Os gañadores do concurso de fotos “Sinte o Sabor de Coca Cola de Tapas por Arteixo”  foron:

 

foto-TastetheFeeling-Pablo-GaciaVarela

  • A foto Coca Cola Taste the Feeling para: PABLO GARCÍA VARELA, quen saborea a tapa “Mini-Lasagna” na Cervexaría Play na foto gañadora.

 

foto-Orixinal-Paula-Nion-con-Raquel-Montero

  • A foto Coca Cola máis orixinal para: PAULA NIÓN, (con Raquel Montero) sentindo o sabor de Coca Cola e da tapa “Mar de Fóra” no Bata de Guata.

 

foto-divertida-Patricia-Iker

  • A foto Coca Cola máis Divertida para: PATRICIA e IKER, coa súa foto disfrutando de Coca Cola”, mentres saborea a tapa do 40 y Tantos, chamada: “Sabor Agredoce”.