Por vez primeira nas 9 edicións que levamos de Concurso, temos 2 bares gañadores, un por  votación do xurado popular coma sempre, e outro polas valoracións dun xurado profesional

MELLOR TAPA – XURADO POPULAR: SABOR AGREDOCE, do local 40 y Tantos.

 

40 y tantos - Sabor Agredoce

Lombo de Porco con Salsa de Laranxa, con cama de pataca panadeira e bañado con cebola caramelizada .

MELLOR TAPA – XURADO PROFESIONAL: MAR DE FÓRA, do local Bata de Guata.

Bata de Guata - Mar de Fora"

Taco Asiático de Langostino e Panceta Ibércia, con Salsa Tártara, Salsa Americana, Cilantro e Menta.

 

 

O xurado profesional estivo integrado por 3 formadores do mundo da hostalaría:

  • MILY LÓPEZ POMBO, profesora de cociña no Concello de Arteixo dende hai 17 anos, e formadora profesional en varios centros de Galicia, Arxentin, Uruguay e Alemania.
  • MIGUEL GARCÍA SILVARREDONDA, Profesor de Hostalaría no CIFP (Centro Integral de Formación Profesional) do Paseo das Pontes e impulsor de varias cociñas en Galicia ao longo da sua traxectoria profesional.
  • CARMELO SANJORGE, profesor do CIFP Paseo das Pontes da Coruña e cunha longa traxectoria como chef en distintas cociñas de España.

Dende o Arteixo Centro Comercial Aberto, organizador do concurso, e no nome de todos os participantes, damos as grazas a estos membros do xurado que de xeito totalmente altruista colaboraron con esta actividade que contribúe á dinamización scial e económica do pobo e dos negocios e empregos do mesmo.

O premio para os establecementos gañadores son 150 € para cada un, en vales de compras para os establecementos do CCA, xunto cun Diploma e un Trofeo conmemorativos.

Como dato, os 3 locais mellor valorados polo xurado profesional foron:

  1. Bata de Guata
  2. Arume Arpado
  3. Hamburguesería Ivi.

O xurado popular valorou, por número de votos, como as mellores tapas a:

  1. 40 y Tantos
  2. Castelao
  3. Arume Arpado

Aínda que podemos destacar que seguidos por moi poucos votos por outros 3: Café de Fábula, Bajo 13 e La Ventana.

Na aplicación móbil “Quedamos de Tapas”, vemos tamén reflexadas estas preferencias e o igualadas que están en canto a adeptos xa que varias das tapas teñen a mesma puntuación, e nas 5 primeiras atopamos tamén a:  Café de Fábula, Bajo Trece, La Ventana, 40 y Tantos, e O Petisco.