Inicio 2017-12-11T18:25:00+00:00
Colaboradores

NADAL SOLIDARIO 2017

Comenza o Nadal Solidario con Arteixo CCA en colaboración cos escolares do noso Concello.

Xa están nos comercios as postais deseñadas polos nenos nas nosas escolas, que as familias ou calqueira veciño ou visitante pode conseguir a cambio de doar alimentos non perecedoiros para seren entregados ás familias que máis o precisen no noso Concello.

Participa!! Recolle unha ou varias postais, doa alimenteos e o CCA doará ata 450 € para compra de Alimentos Frescos!! Cantas máis postais leve o público, e maior volume de alimentos non perecedeiros se recolla, maior será tamén o donativo para a compra de alimentos frescos.

Grazas por colaborar!

Colaboradores
Máis información

AXENDA CCA Nadal 2017-18

NADAL SOLIDARIO: Ata o 21 de decembro e ata o 4 de Xaneiro: doa alimentos non perecedoiros para Cáritas a cambio de postais feitas polos escolares do Concello.

Decembro: Coas túas compras, consigue rifas para o sorteo das cestas de nadal, talonarios de descontos e agasallos, e convites a chicolate para o día de reis.
 
VENRES 22 Decembro (17 a 19h).- Percorrido de Papá Nöel e Elfos polas ruas do pobo.
SÁBADO 23 Decembro (12 a 14h).- Percorrido de Papá Nöel e Elfos polas ruas do pobo.
SÁBADO 23 Decembro (14h).- Sorteo de CEstas de Nadal do CCA na Praza do Balneario
VENRES 29 Decembro.- Concerto Black Galicia (18 h en Travesía de Arteixo; 19 h na rúa peonil)
 
VENRES 5 Xaneiro.-  Chicolate con Churros mentres agardamos pola Cabalgata (Avda Balneario e Traversía de Arteixo)
 
TALONARIO de CHEQUES REGALO Arteixo CCA
 
Este mes podes atopar un elfo que che agasalla cun destes talonarios na rúa, ou pode que no teu comercio favorito, te sorprendan con un destes talonarios con 35 cheques con descontos e agasallos directos, que poderás usar ata o 31 de decembro de 2017 nos establecementos indicados nos talóns!
 
Aprovéitaos!!
 
Bases
  • Tódolos cheques do talonario son válidos ata o 31 de decembro de 2017, salvo que o propio cheque especifique outra data.
  • Os descontos non son acumulables a outras ofertas.
  • Os agasallos directos están limitados ao stock disponible e reservados aos primeiros clientes que os soliciten, ata esgotar existencias.
  • Consultar condicións de cada oferta no comercio correspondente.

Máis información

Arteixo Centro Comercial Aberto

o noso obxectivo?

potenciar e dinamizar o comercio de Arteixo en diferentes actividades profesionais

 

X