Máis de 10.000 TAPAS VENDIDAS

na edición de verán do Concurso de Tapas

de ARTEIXO CENTRO COMERCIAL ABERTO

 

Do Xoves 4 ao Domingo 7 de Agosto,os 19 establecementos hosteleiros concursantes despacharon máis de 10.000 tapas, o cal xunto coa bebida, supón un gasto medio aproximado de 4 €, é dicir, uns 40.000 € de facturación esta fin de semá, só na venta directa de tapas e bebida, constatadas a través de votos. Se computásemos as que non encheron tarxeta de voto e as consumicións paralelas, ou o volume de negocio colateral no resto de establecementos hostelerios e mesmo no comercio, esta cifra increméntase sustancialmente, do cal podemos estimar un volume de negocio global no pobo, por riba dos 60.000 €, durante a fin de semá no noso pobo.

Deste xeito, Arteixo CCA cumpre os obxectivos de dinamizar as vendas do sector hostaleiro e de dinamizar as ruas, o comercio e o sector servizos da localidade.

Este concurso ten un importante compoñente de motor económico e social para as pequenas empresas e comercios de Arteixo, xa que os veciños e visitantes coa sua participación contribuen á dinamización económica do pobo, a manter os empregos da vila e a actividade e vida social nas rúas.

Aparte da venda das tapas, lóxicamente xenérase máis consumo tanto na hostalaría coma no sector servizos e no comercio do pobo. Os grupos de público e consumidores do concurso, móvense polas rúas do pobo, dun establecemento a outro, visitan locais novos,  no seu camiño pasan por diante de comercios, lembran necesidades, disfrutan de escaparates, descobren tendas que non coñecían, etc., o cal redunda nunha maior familiaridade do consumidor co pobo e co seu tecido urbán, comercial e de servizos.

Este exitoso concurso mantense como unha data referente de ocio na comarca, xenerando en Arteixo un excelente ambiente festivo nas ruas e establecementos: parellas, pandillas e familias que van dun local a outro, seguindo este roteiro cada vez máis amplo. Arteixo neste sentido ten a ventaxa de ser un pobo moi ben comunicado tanto coa Coruña como con toda a contorna, ten facilidade para aparcar e as distancias duns locais a outros son curtas e cómodas de facer, ademáis de que as rúas son agradables e tranquilas.

Unha NOVIDADE NESTA EDICIÓN que se vai estudar se repetir e ampliar en próximas edicións foi a apertura en horario especial ampliado por parte de varios comercios no centro do pobo. Estes comercios abriron ao público no seguinte horario ampliado, a maiores do seu horario habitual:

VENRES ata as 22 horas

SÁBADO de 19 a 22 horas

DOMINGO de 12 a 14 horas

Avda do Balneario: TRISCOS, MEBÁ, CASUAL KIDS, REBULIR

Rúa Canónigo Cándido Varela: PERFUMERÍA MARUXA, CORRECAMIÑOS

 

Entre as novidades estreadas na anterior edición e que se repetiu de novo e incrementou o seu éxito foi o uso da app móvil chamada “Quedamos de Tapas” incrementou o número de descargas, visitas e votos con referencia a febreiro, edición na que se estrenou, e xa case iguala ao número de votos emitidos en papel. Por exemplo, en febreiro rexistráronse 7.716 visitas ás tpas na app, e nesta edición foron máis de 15.000. Aínda que non ten relevancia nos premios etc, sí é un xeito de que os consumidores coñezan a oferta de tapas, vexan a ubicación dos locais, e vexan opinión doutros consuidores sobre as tapas en tempo real, durante o propio concurso.

A ferramenta permite ao usuario: unha mellor localización dos locais para a xente de fora de Arteixo, poder ver as fotografías, nome e información sobre os locais e sobre as tapas concursantes de maneira rápida e doada; ademáis a nivel custo económico e política medioambiental da nosa asociación, tamén permite reducir o uso de certos soportes en papel. Trátase dunha aplicación móbil, nativa para Android e IOS, e de descarga gratuita para os usuarios, na que se poden ver concursos e xornadas gastronómicas por toda Galicia.