Arteixo Centro Comercial Aberto é un grande espazo común onde os pequenos comerciantes fanse un para ofrecer os seus servizos aos veciños e visitantes de Arteixo, Vimos abrir moitas tendas no transcurso dos case 10 anos de asociación de comerciantes e por iso mesmo queremos darvos cinco consellos para que cando o fagades vós atinedes co mellor letreiro, rótulo ou vinilo para o voso establecemento, para que saibades en que fixarvos ao encargalo.
Moito coidado coas cores
Está demostrado que as cores producen distintos efectos na persoa que as mira. O vermello incita á enerxía e impulsividade, o azul reflexa serenidade e o verde saúde. Escolle ben como será o teu letreiro e o que queres transmitir coas súas cores.
Que o nome se lea ben
O nome da tenda ten que lerse ben. Sabemos que isto parece unha obviedade, pero o certo é que por elixir mal o tipo ou tamaño de letra, as cores, ou mesmo os materiais do cartel ou letreiro, pode non lerse correctamente; a fonte pode estar mal elixida ou o grabado estar feito sen gusto. Iso dá mala imaxe.
A forma do logo ten que ser representativa da vosa marca.
O letreiro é circular, rectangular, ten una forma animal? É importante que penses niso. Se queres montar una papelería podes facer un espectacular letrero coa forma dun lápiz, pero esquece esta idea se tes unha chacinería e queres ter un porquiño xigante na túa porta pois ferirás sensibilidades.
Os materiais do letreiro teñen que ser de primeira
En ocasións, un é capaz de escoller a mellor cor para o seu cartel de benvida, o nome e a fonte da letra, tamén a forma na que o nome aparece contido, pero fállase na calidade dos acabados, de como se unen as distintas placas que forman o letreiro, etc. Lembra que o logo da túa tenda é quen te representa cando pechas.
Confía en profesionáis
En Arteixo Centro Comercial Aberto temos profesionáis expertos en rotulación, vinilos, grabados, cartelería e serigrafia. Conta por exemplo con Grabados Calvo ou con Globalgrafic para que todo isto do que falamos saia a perfección. Grabados Calvo atópanse en Avenida de los Bosques nº9 Bajo, chamaos ao 981 641 080 e fala con Maribel ou Juandi.
Globalgrafic atópase na Parcela 143 Bis no Polígono de Sabón, ou podes chamalos ao 981 647 093 e falar con Álvaro ou co equipo de deseño gráfico. Agardamos que estes consellos vos sexan útiles, moitas grazas por querer abrir a vosa tenda formando parte de Arteixo Centro Comercial Aberto.