En Arteixo temos unha tenda de agasallos, puericultura e de artículos de decoración para as habitacións dos máis pequenos. Chámase ‘Coccolate’, e se seguides o seu facebook poderedes atopar ideas moi boas para decorar unha habitación infantil sen gastar moitos cartos. A continuación imos recoller os xoguetes e elementos decorativos para nenos e nenas que máis nos gustan:

 

comprar regalos originales para niños

Decora a habitación do teu fillo con Theodor, o unicornio de luz

Theodor é adorable, redondiño e ademáis conta cun dispositivo para gardar mensaxes, é dicir, que se grabades no seu corpo un desexo de boas noites, o voso fillo poderá escoitar a vosa voz cando non esteades na casa, e queda incrible posto nunha estantería.

 

ideas para regalos de niños pequeños en navidad

Pon unha porta do Ratiño Pérez na parede

Non coñecedes esta tendencia en decoración infantil? Pois está moi de moda. Trátase dunhas portiñas de cores que se instalan no chan, preto dunha parede. O mellor é colocala cando o voso fillo no estea na casa. Cando a vexa, dicídelle que é unha porta máxica que o rato emprega para visitalo cando o necesita.

comprar regalos originales niños pequeños en navidad

Unha lampariña quitamedos queda xenial na súa mesiña de noite

As luces destas lámpadas dan tranquilidade aos nenos cando aprenden a durmir sos no seu cuarto. Para mellorar esta agradable sensación, en Coccolate teñen unhas con formas redondiñas de elefante, vagalumes e moitos máis animáis. Se as combinas cunha peza de deseño nórdico, atinarás na decoración da habitación do teu fillo.

comprar regalos para niños pequeños

Unha peza da colección Rock Star Baby

Se o teu non é a ‘monería’ e prefires unha decoración máis roqueira, todos os venres, en Coccolate, fan pedidos á casa Rock Star Baby. Esta famosa empresa de productos infantís ten de todo: chupetes, caixiñas e moito máis para por no cuarto do teu bebé e darlle un toque macarra e moi moderno.  Recorda, poderás atopar todas estas ideas en Coccolate, unha das moitas tendas que atoparás en Arteixo.