O Afterwork refírese a tomar unhas cañas cos compañeiros de traballo ó acabar a xornada laboral. Si, sabémolo, é moi tonto o de chamar a cousas cotiás en inglés, por iso, buscando unha palabra máis nosa imoslle chamar ‘Trastraballar’. Non soa mal, a que non? Pois en Trastraballar somos espertos en Arteixo.
Esta afición consegue que os vínculos entre os compañeiros refórcense, tamén a que se derriben os muros entre xefes e empregados. Na actualidade considérase unha boa empresa aquela que pon a todos no mesmo lugar, sen que exista algo parecido a unha diferencia de clases. Todos somos iguais, pero sabendo quen coordina o traballo e quen executa.
No Trastraballar non hai que porse cegos a cervexa, senón tomar un par entre risas e ricas tapas. A única norma é non falar do traballo. Recoméndase facer isto, polo menos, unha vez o mes ou cada dúas semanas.
Desfruta do Trastaballar en Arteixo cos nosos bares e restaurantes
En Arteixo contamos cunha ampla selección de bares e restaurantes, así que teredes sinxelo o de escoller un que encaxe coa vosa forma de desfrutar da hostalaría. Se sodes amantes do bo viño, escollede a Vinoteca do Caramuxo. Teñen unha carta sorprendente. Ademáis, como pode que ó tomar un par de copas teñades fame, poderedes cear tamén alí.
Se preferides sentarvos ó calor dunha taberna con pura esencia galega, visita a Taberna A Baiuca; por suposto, que nin se vos ocurra dicer alí o de Afterwork; defendede o Trastraballar. Contan con moi boa cervexa en unhas tapas de dez.
Rematamos esta recomendación con O Petisco, moi recomendado se ides en verán, pois teñen terraza y comida casera. Probade as súas tostas; son famosas en Arteixo. Agardamos que probedes a desfrutar de esta experiencia, a visitar entre semana e con amigos os bares de Arteixo, a coñecer ás personas coas que pasades tanto tempo na oficina e a desfrutar, que é o importante.