Coa chegada do outono seguro que sodes moitos os que andades pensando en comer castañas, pero, sabedes que non só están boísimas comidas asadas? Así é, hai un montón de recetas ideais para preparalas.
Comezamos cunha moi doce. Se tes unha comida romántica e preparaches unha boa robaliza de prato principal, remata a xogada cunha tartiña de chocolate e crema de castañas de tempada. Para transformalas nunha riquísima pasta só tes que mesturar castañas, azucre, un chisco de canela, vainilla. Cóceo todo e tritura a mestura.
As castañas dan enerxía, melloran o noso sistema nervioso, axúdannos a ir ao baño, a pelexar contra a anemia e a ter enerxía. É decir, se practicas un dos deportes de aventura que organizan en Sherpani, este froito é o voso aliado.
Se queres cociñalas da forma máis sinxela e orixinal, fai un puré. Se tes na casa leite e manteiga, xa o tes feito. Máis que un puré, queda como unha masiña moi doce, perfecta para servila con pan ou como punto de partida dun postre. Ós nenos encántalles, sabémolo por experiencia.
As mellores ideas para cociñar castañas están en Arteixo
Outra cousa xenial do outono é pasar toda unha tarde cun bo libro dunha das nosas librerías, sentado preto da fiestra, desfrutando dun día de choiva, cunha boa taza de café ó noso carón e un xeneroso anaco de biscoito de castañas, por suposto.
Facelo é moi sinxelo. Se tes na casa ovos, castañas, manteiga e azucre xa o tes. Comeza cocendo en leite as castañas, pásaas pola trituradora e logo o proceso é o de sempre.
Lembra que non só poderás preparar e comer unhas ricas castañas na casa. Permanece moi pendiente do noso blog, porque nos restaurantes e bares asociados ó noso centro comercial aberto seguro que poderás atopar novas propostas gastronómicas con este manxar.