En Arteixo contamos cunha ampla oferta de hostalaría, moitos locais nos que pasar a tarde cos teus amigos e amigas charlando e disfrutando do día. Hoxe queremos recomendarvos unha das nosas cafeterías máis especiais: Bata de Guata. Se ves de visita a Arteixo, tes que coñecer este sitio.
Hai tres xeitos de desfrutar desta cafetería. Comezamos por cando chegan os doces e primeiros raios de sol da primavera ou do verán. Bata de Guata ten unha terraza fronte ao río, longa e perfecta para sentarse e tomar un refresco cos teus seres queridos. Se levas un día moi duro e queres desconectar, aconsellámosche visitar a librería Marina ou Mina, que escollas un libro novo que comezar e vaias logo a esta terraza a pasar un agradable rato contigo mesmo.
A cafetería Bata de Guata atópase en Arteixo, na rúa General Mosquera Palleiro, nº 2, baixo
Outra forma de gozar de Bata de Guata é acudindo a mediodía e á noite a desfrutar da sua excelente cociña a cargo de Pablo Penide, tanto na terraza como no seu acolledor interior de estilo vintage.
E por último, queremos suxerirche que tomes esa caña, café ou 1ª copa nas derradeiras horas da tarde, e por que? Porque soen organizar actuacións con certa regularidade, tanto con artistas recoñecidos a nivel local e rexional como con promesas locais e quen sabe, quizáis un dos artistas locais da zona que será unha grande estrela no futuro, que iso non só ocorre en OT.
Por estes tres motivos, anímate a descubrir as cafeterías que temos en Arteixo, e se amas a boa música, o arte local, o sol galego e a compaña dos teus mellores amigos, tes todo iso en Bata de Guata. Vémonos!