Se queres sorprender ás e ós teus invitados, proba a facer sushi. Este típico prato xaponés ten moita pegada en Arteixo por dous motivos: por un lado, en Galicia temos o mellor pescado de España, por outro lado, e grazas ós videoxogos xaponeses, ó anime, Son Goku, Naruto e as novelas de Haruki Murakami, cada vez son máis as persoas afeccionadas á cultura xaponesa e a súa gastronomía, que se atopa máis preto da galega do que parece.
Para facer sushi caseiro o primero que tes que conseguir é peixe de calidade. Para iso, o mellor é visitar a peixería Botero Gundín e mercar unha boa peza. Se é a vosa primeira vez con este manxar, mercade salmón ou atún vermello, pero a xarda tamén ten un sabor incrible.
Tamén necesitades un bo arroz. Para darlles o toque xaponés necesitaredes vinagre de arroz e tamén tres culleradas de azucre. O truco está no grao. Límpao moi ben antes de cociñalo, tan ben que cando lle pases agua non saia nin unha pinga de cor branca. Agora toca cociñalo. Tedes que empregar a mesma cantidade de arroz que de auga. Pon o fogo a tope, tapa a cacerola e agarda a que ferva. Logo baixa o lume dez máis. Tras isto, tes que quitalo do fogo e contar cinco minutos.
Así é como facer sushi caseiro cun toque galego
Cunha culler de madeira, extendede o arroz sobre unha superficie de madeira e engadide unha mestura feita a base de vinagre quentando un chisco con azucre e sal. Mezclade e xa teredes feito o máis dificil. Agora xa poderedes facer boliñas con él e colocar sobre el os cortes de salmón ou do peixe que queirades.
Recordade que para que sexa sushi cen por cen galego, recomendamos maridalo cun bo albariño da terra. Outro día contámosvos como facer makis, que é algo moi parecido pero empregando tamén algas e calabacín.