Verán é época de bautizos e de festas infantís. Hoxe falaremos de como vestir a unha nena ou un neno para ir perfectos para un bautizo.
De que xeito o conseguimos? Elixindo un look casual que servirá tamén para o día a día. O primeiro que tes que facer é ir a Rebulir. Atópase en Avda do Balneario 32.
Elixide un pantalón pitillo para él, dos que teñen a perneira lista para remangarse, que non sexa un vaqueiro ou terá demasiada calor. Para a parte superior optade por unha camisa branca de lino e rematade a xogada cun chalequiño a xogo co pantalón.
Buscade alternativas en Tres Sorrisos. Esta tenda de moda infantil atópase na rúa Ría de Pontevedra 6. Teñen roupa ata 16 anos e saben moito deste tipo de festas, tanto que incluso venden traxes de comuñón. Contan cun amplo catálogo de roupa de vestir para nenos e nenas.
No caso de que teñas unha filla, existen alternativas ós vestidiños de sempre. Agora hay un montón de monos, traxes folgados dunha soa peza que cambian a falda por un pantalón. O bo é que irá ó bautizo súper moderna e o terá máis sinxelo para xogar coas súas amizades.
Como vestir a un neno e unha nena para asistir a un bautizo cun look casual
Agora que xa sabemos como vestilos, que calzado escollemos? Para iso temos que camiñar un pouco ata chegar á Avenida Dos Bosques, 5, a Dous Andares. Aquí temos varias alternativas. Nós recomendamos elixir sempre calzado cómodo. Sabemos que é tentador escoller zapatos con algo de tacón para elas, pero mellor comprade bailarinas ou alpargatas, que tamén é unha elección de dez para eles.
Non é aconsellable que calcen tacón tan novas, e non esquezades que ainda que esteamos a falar dun bautizo, non deixa de ser unha festa chea de xogos, carreiras e ledicia. En resumo, visitade estas tres tendas de moda infantil e teredes un bautizo perfecto.