Levamos un outono de tolos, non vos parece? É como se o verán non quixera marchar. Ademáis dos problemas máis importantes que isto conleva, como certos trastornos de saúde ou a seca en toda Galicia, atopamos outro máis: como vestir aos nosos nenos e nenas. Así que imos repasar as tendencias para vestir na derradeira etapa do ano.
O principal é non perder o norte por vestilos á moda. O importante é que estén cómodos cunha roupa que lles deixe xogar, correr e disfrutar nos parques tan bonitos que temos en Arteixo. Con iso por diante, nesta tempada outono-inverno lévanse as combinacións de grises con vermellos, con pantalóns e faldas nesa viva cor e chaquetiñas de tonos máis apagados, porque pola mañá e máis á tardiña fai frío pese a que poidamos ver un sol radiante polo día.
Levamos xa un par de anos nos que se repite a mesma tendencia na moda infantil para as nenas. Referímonos a escoller vestidos románticos que lles fagan estar moi guapas pero sen perder nunca a inocencia propia da súa idade. Na moda infantil aconséllase que sexan as propias prendas e os peiteados e complementos as que embelezan á nena, e que non se empregue maquillaxe ata que sexan maiores, aínda que o pidan.
En Arteixo tes as mellores tendas para vestir aos teus nenos
Estas combinacións de vestidos románticos para as máis pequenas, con guiños aos contos infantís nos complementos, e tonos grises con vermellos para eles, poderalos atopar nas tendas de moda para os máis pequenos en Arteixo. Visitade Rebulir en Avda. do Balneario, 32 para buscar o look perfecto para os teus fillos. Se visitas Tres Sorrisos en Rúa Ría de Pontevedra, nº 6 baixo poderás combinar as tendencias de moda que te suxerimos cun toque sport ou más elegante, iso xa depende de ti.
En Arteixo estamos moi comprometidos coa moda infantil, porque sabemos que sodes moitos os pais que vivides aquí. Ademáis de Rebulir e Tres Sorrisos, podes visitar tamén Casual Kids en Avda. do Balneario, 38. A súa especialidade son as marcas, e saberán atopar xusto o que precisas para o look máis urbano dos teus fillos.
Dende este artigo dámosvos un consello: combinade o mellor que teñen nas tres tendas, e se o voso rapaz ou rapaza aínda é moi bebé para as súas propostas, pasade por ‘Ana la Modista de los Peques’ en Travesía de Arteixo, nº 335. Ana crea a moda persoalizada máis esmerada para os recén nados.