Se vives en Arteixo e queres sorprender ó teu mozo ou moza, aquí tes tres propostas para que vaiades xuntos a cear e ter unha velada perfecta. Todo depende dos vosos gustos, claro, por iso mesmo eliximos tres restaurantes na nosa cidade ben distintos.
Amas a pizza? Elixe o restaurante ‘El Naranjo de Mamá Chicó’
Mamá Chicó comenzou a súa andadura en A Coruña, viaxando logo a Arteixo e abrindo ‘El Naranjo’. Elixe este restaurante se buscas un ambiente íntimo e agradable con toques vintage. Este é un sitio perfecto para facerse fotos para o instagram (que sabemos que vos encanta facer) e para disfrutar do sabor das pizzas artesanáis de sabores que aínda non provaches. Se procuras romanticismo, escolle este restaurante.
Queres disfrutar dun bo viño? Escolle ‘Viñoteca O Refuxio’
Unha das cousas mellores desta viñoteca é que se atopa preto do paseo fluvial, polo que poderás dar unha volta coa túa parella antes de entrar no restaurante. O plan de Viñoteca O Refuxio é máis informal que o de El Naranjo.
As súas especialidades son os revoltos e as ensaladas. Combina o que queiras pedir cun viño que maride ben e disfruta dunha charla agradable con esa persoa que queres conquistar. Por certo, recomendámosche pedir información a Jose M. Veira, o propietario, sobre cal é o mellor viño da semana, porque rotan.
Queres pinchar algo nun lugar 100% galego? Visita ‘Taberna A Baiuca’
Ségueos no seu facebook para descubrir cando van a dar o seguinte concerto. A Baiuca é ideal se queres ter a cita tarde e enganchar coa primeira copa. Pide unhas tapas, disfruta da actuación da noite, da súa cervexa galega e brinda a gusto coa súa selección de espiritosos antes de lanzarvos a gozar da noite de Arteixo.
Como ves, estas recomendacións son para ter unha cita de noite, pero se queres quedar de día, onde poder ir? Mantente atento ao noso próximo artigo e dirémoscho.