As nosas perruquerías están ó día das derradeiras tendencias en peitados. Para o 2017 serán tendencia os cortes de pelo femininos con moito movemento, frescos e con cor e despuntes. Non che apetece cambiar e sorprender co teu pelo neste fin de ano?

Ven ás nosas perruquerías en Arteixo e apúntate a moda Long Bob XL, un corte de melena no que as puntas chegan a clavícula, con curvas e a cara despexada. O peitado Ewag parécese moito ao Long Bob XL, pero é un chisco más curto. En ambos casos as puntas decolóranse un pouco, para acadar unha progresión da cor dende a crisma ata estas.

Peluquerías en Arteixo

imaxe de Cabellosc.com

 

Nas nosas perruquerías o teñen claro: volven os 70, e nótase porque tanto nestes dous peitados que mencionamos como nos que vos imos falar agora prima unha cousa: un cabelo enérxico e con personalidade que nada ten que ver coa moda capilar dos 90. Seguindo esa tendencia temos que falar do Hair Contouring, unha técnica para facer que o cabelo, xogando con contrastes de cor, reforce o contorno do rostro, dándolle vida. Este peitado esixe ter unha longa melena, así que se o desexas para ti, xa podes empezar a deixalo medrar.

Cambia de estilo nas perruquerías en Arteixo

Para acadar estes peitados tes dúas perruquerías en Arteixo ideais: en perruquería Yolanda atoparás o teu salón exclusivo para cambiar de imaxe e tamén para facerte tratamentos de coidado capilar. Podes atopala na rúa Ría de Ferrol, n 4, Baixo (Arteixo 15142), para pedir cita chama ó 981 600 823 e pregunta por Yolanda.

perruquerías en arteixo

A perruquería Imaxe ubícase en Rua Médico Amenedo Casabella, 13 baixo (Arteixo 15142). O seu teléfono é 981 640 429. Elena e o seu equipo son as encargada de coidar teu cabelo, aplicar keratina e un montón de técnicas para que poidas romper coa pana no 2017, ou antes. Pensa que o día 31 de decembro é noite vella, o momento perfecto do ano para cambiar de imaxe e sorprender, conta cos comercios do Arteixo Centro Comercial Aberto para prepararte para a chegada do novo ano.