A volta ao cole e un dos momentos máis estresantes que podemos ter como pais, por iso aquí tes cinco consellos para pasar cun sorriso este mes no que tes que voltar á rutina, ao teu traballo e ao día a día cos teus fillos.
Xa que tes mercar cousas para os teus fillos, que sexan bonitas
Unha das nosas derradeiras incorporacións a Arteixo Centro Comercial Aberto é Coccolate, unha tenda cunha colección de material escolar, xoguetes e decoración adicada aos nenos. O estilo de Coccolate é vintage, retro e nórdico. Aproveita setembro para darlle unha volta á vestimenta dos teus fillos e a como teñen o seu cuarto.
Cambia a túa dieta por unha máis saudable
Sabes a cantidade de toxinas que teñen os alimentos non cultivados de forma natural e ecolóxica? Visita Saborplace en Travesía de Arteixo, 322, cambia a túa forma de comer e mellorará o teu humor, a túa liña e terás máis forzas para enfrentarte a este novo ano escolar.
Fai algo orixinal: unha foto de familia
Reforza a idea que teñen os teus fillos da vosa unidade familiar. Nunca pensaches en facer unha foto de familia? En Estudio M Fotografía son expertos en vodas, bautizos e tamén en sacar un retrato inesquencible deste ano. Se en lugar dun fillo tes dous ou máis, failles tamén unha foto a eles xuntos e sos, seguro que lles gustará verse cando sexan maiores.
Deixa que os profesionais coiden as túas costas
É moi posible que ao final de agosto acabes cun tirón no lombo ou no pescozo. Se este é o teu caso conta co servizo de fisioterapia de Arcefi, eles saberán como mimarte, devolverche a saúde e as forzas para volver a cargar co peso do mundo sobre os teus ombreiros, ánimo!
E se todo falla, conta con OGA Market Store
Es autónomo? Voltaches a túa empresa e non funciona o teu ordenador? Se a tecnoloxía parece seguir de vacacións chama a OGA Market Store para que lle recorde que é a hora de volver traballar.
E recorda vir visitarnos unha vez por semana, polo menos, para disfrutar da nosa oferta de gastronomía e hostalaría. Pasar un día de festa coa familia é o mellor modo de ver a vida con optimismo e entusiasmo.