Tes moita fame, non tes ganas de cociñar e queres comer algo rico e san? Pois proba cun bo polo asado, á prancha ou feito como prefiras. A súa carne a saborosa e apenas ten graxa. Dixírese moi ben polo seu baixo contido en purina, aporta vitaminas e minerais ó corpo, proteínas da máis alta calidade.
Se vives en Arteixo xa saberás que para comer un bo polo non tes máis que sair a rúa e elixir algún dos nosos restaurantes ou bares, pois é un ingrediente moi común na nosa carta. O que queremos contarche hoxe é por que é unha boa idea comelo ademais de polo seu sabor.
O polo ten moi pouca graxa. Se apartas a pel apenas a probarás. A cambio, estarás comendo unha carne magra cun vinte por cento de pura proteína. É por isto polo que moitos deportistas elíxeno para as súas dietas. Pero non pensedes que comer as súas peitugas só serve para poñerse cachas, también para coidar o colesterol.
Hoxe falamos dos beneficios de comer polo para a saúde
O problema que ten a carne vermella e que conta con demasiadas graxas saturadas e moito contido en colesterol, xusto ao contrario que o polo. Ademais, comelo asado é moito mellor que facelo fritido, porque o aceite aporta graxa.
Aínda que o polo asado considérase ‘comida rápida’, o certo é que é a máis sa de todas pola súa preparación e tipo de carne. Ademais, se o ides a comer nun deses días post-festa nos que estades baldados e tedes o estómago regular, tedes que saber que o corpo tolérao moi ben, non é pesado e ofrece sempre dixestións moi cómodas.
É dicir, come polo non só polo seu sabor, tamén porque aporta unha grande parte dos aminoácidos que precisamos, dos minerais, vitaminas e proteínas. Tamén porque ten pouca graxa e porque é perfecto para os nenos. Por suposto, non esquezades que se o queredes comer no seu punto e perfecto, contade cos nosos restaurantes para que volo sirvan.