Por culpa dos smartphone e o almacenamento na nube, son menos as fotografías ou os debuxos que se enmarcan a día de hoxe, pero o que non se sabe é o ben que queda unha boa selección de marcos nunha parede. Unha das claves da decoración nórdica é facer unha composición de fotos cos marcos adecuados, todos de diferentes clases e deseños. Aprende a facelo.
Para conseguir este desexado efecto tes que acudir a enmarcacións Sita. Son uns expertos na materia. Hai varias composicións que podedes facer. Un clásico é comezar cun gran marco nun lateral. A súa altura servirá para delimitar onde porás os demais. Pon tres columnas, na primeira estará este marco, na segunda aparecerán dous. Na terceria pon catro de diferentes tamaños e tres na última. Todos teñen que ser distintos.
E que enmarcar? O que máis che guste. Unha das tendencias máis de moda é por láminas nel. Para conseguilas visita a tenda de cómics Nuevas Valquirias en Arteixo e pregunta polas túas opcións. Mestura estilos. Se non atopas o que buscas, outra opción é buscar por internet autores xoves e talentosos ou traballos de artistas locais. En Arteixo e en Galicia temos unha moi boca canteira.
Enmarcacións en Arteixo perfectas para a túa casa con Sita
Outra opción é ‘crear unha escaleira con eles’ na parede. De abaixo cara arriba en diagonal con marcos seleccionados. Tes que combinar distintos tamaños e gravados, pero intenta que as cores sexan parellas e vaian a xogo coas paredes. Nesta ocasión podes poñer fotos de momentos felices. Para acadar un mellor efecto, pasa un filtro as fotos para que estén acorde cos marcos escollidos.
Estas son só algunhas ideas para que nunca deixes de mercar marcos en enmarcacións Sita e levalas ó teu fogar. Se queres máis ideas, visita o establecemento de Sita en Avda. de Caión, nº 5, baixo ou chámaa ó 981 600 032