Polo xeral, todos temos claro o que queren os nenos para o Nadal, pero cos maiores: pais, nais, parellas, amigos, irmáns.. ás veces non o temos tan claro. Pero para iso está Arteixo Centro Comercial Aberto, cunha chea de ideas para que acertes. Imos aló.

Pode que non o creas, pero hai un agasallo que o teu pai ou os teus avós agradecerán un montón: unha reserva para cear contigo nun dos nosos restaurantes en Arteixo, e dicir: regala tempo ao carón dos que máis queres para falar das vosas cousas.
Se tes un ávido lector na familia, na librería Mina ou na librería Marina teñen unha estupenda selección de libros para o teu pai por exemplo, así como outros artículos de papelería que sempre triunfan: plumas, bolígrafos, axendas, carteiras….. Recomendámosche ‘El Fuego Invisible’, gañador do Premio Planeta, ou ‘Patria’ de Fernando Aramburu.

Agasallar roupa sempre é un acerto. Se buscas para cabaleiro, en Mira Home pregúntalle a Teresa pola prenda ideal; ela contarache as últimas tendencias que existen en moda masculina para que se poña ao día. Se buscas moda para calquera persoa da familia que ame a moda, escolle entre Mebá, Triscos, Brooklyn…. Tamén tes calzado e complementos para todos en Pasos e Ramos; zapatillas en Dous Andares; lencería e pixamas en Encaje e Maneux; e roupa para o fogar en Mercería Carrera.

Se sodes varios irmáns, ide a Estudio M Fotografía e sacádevos unha foto de grupo, logo visitade Enmarcacións Sita para que lle poñan un marco chulo. Este agasallo sempre triunfa coas nais e pais por exemplo, é tamén un bo agasallo para o avó ou a avoa ou para ese familiar que vive lonxe. De feito, se é para un familiar que esté cerca, podedes facer algo mellor: pedirlles que vaian convosco para saír tamén na foto. E se é un familiar que vive lonxe, podedes coller unha foto del e pegala no marco, seguro que lle fai moita gracia.

Mercar no pequeno comercio

En Arteixo tes unha morea de ideas para triunfar no Nadal

Hai outras dúas opcións: unhas bonitas gafas novas de Ópticas Romay ou unha xoia de Joyería Barca. Co experto asesoramento dos profesionais destes comercios e a calidade dos seus productos, vas triunfar seguro co teu agasallo para mamá ou para papá.

Alguén da tua familia ten unha mascota que adora? Pois tes que visitar a nova perruquería canina Hocicalados. Que che parece regalarlle un pack de perruquería e hixiene para o seu cadeliño ou gato? E mellor aínda, mentres a sua mascota está a ser coidado en Hocicalados, podes agasallar tamén ao propietario ou propietaria….cun bono para disfrutar el ou ela mesma dos coidados de Elena e o seu equipo en Peluquería Imagen.

Como ves, non sempre hai que regalar cousas, pensa en combinar ese libro, reloxo ou traxe novo que busca cunha cea en familia ou cunha experiencia en Arteixo, que o Nadal é para pasalo en familia! No próximo artigo aconsellaremos con que agasallar aos teus amigos e a túa parella, porque en Arteixo hai ideas para todolos gustos.