En Arteixo Centro Comercial Aberto non só contamos con tendas de moda infantil, talleres e locais onde mercar agasallos para os teus seres queridos. Entre outros establecementos, contamos con estupendas tendas de alimentación onde poderedes mercar larpeiradas, viños, peixes da máis alta calidade, panaderías, etc. Entre os nosos asociados con tendas de alimentación en Arteixo hoxe recomendámosvos:

Tendas de Chuches Xiana

A popular marca de venda de chucherías ten unha tenda en Arteixo, na Rúa Médico Amenedo Casabella, 14, 15142 Arteixo, A Coruña. Máis aínda…. o que moita xente non sabe que esta popular cadena naciu en Arteixo. Na Tenda de Chuches Xiana poderedes atopar todo tipo de doces e ata tedes a posibilidade de facer os voso pedidos online a través da súa páxina de facebook. ¿Queres sorprender a alguen especial? Faino da maneira máis doce.

pescadería arteixo

Peixería en Arteixo Botero Gundín

Do mar de Malpica directamente á túa mesa. Visitade a peixería Botero Gundín en Arteixo, no seguinte enderezo Rua Alcalde Manuel Pardo Alvedro (Arteixo 15142). Recomendámosvos a Peixería Botero Gundín pola súa calidade, frescura e tamén polos seus prezos.

Panadería Gestal en Arteixo

Se pasades por Avda. Finisterre,  109 (Arteixo 15142) facede unha paradiña na panadería Gestal. Fan un moi bo café que poderedes acompañar con un petisco; e no só iso, tamén mercar pan ou biscoitos entre outras moitas das súas variedades para levalas á casa ou comer polo camiño. Todo artesanal e moi saboroso.

Brownies e doces creativos en Claire´s Cupcakes

Pasade pola súa páxina web para coñecer este imaxinativo obradoiro de cupcakes, brownies, muffins e cookies, tamén tartas personalizadas para eventos especiais, como bodas. Unha tenda de alimentación en Arteixo moi especial á que non poderedes deixar de acudir se os teus fillos están de cumpreanos.

bodegas arteixo

Distribuciones Cotelo en Arteixo para hostalaría

Se tes un negocio de hostalaría, contacta con distribuciones Cotelo. Atópanse en Avda. de Caión, nº 48 (Arteixo 15142) e podedes chamalos ao teléfono 630 473 355 . Distribuciones Cotelo distribúen bebidas en xeral aos teus bares e restaurantes favoritos de Arteixo e aos mellores establecementos da comarca.

Bodegas Pampín

En bodegas Pampín poderes atopar viños de todas as clases. Na súa páxina web poderedes mercar os mellores viños online, xa que teñen clientes en toda a comarca e sirven pedidos a calquera parte da provincia. Tamén teñen tenda alimentación retail adicada a bebidas en Arteixo, no seguinte enderezo: Avda. Finisterre, nº 157, baixo (Arteixo-15142) e para cando chegue o Nadal pensade neles para facer a vosa cesta.

Este é só unha pequena mostra de toda a oferta de tendas de alimentación que temos en Arteixo Centro Comercial Aberto. Tanto se queres unha boa colección de viños, brownies, larpeiradas, pan, etc, contade con todo o que pode ofrecer o comercio local de Arteixo.