Arteixo Centro Comercial Aberto é un gran fogar onde todos os establecementos de Arteixo teñen o seu sitio. Xuntos colaboramos para dar resposta ás necesidades da xente de Arteixo, que vai en paralelo co desenrolo do pequeno comercio local. En Arteixo Centro Comercial Aberto cada día somos más comerciantes que se asocian baixo a nosa bandeira, debuxando un gran tapiz que conforma un centro comercial a pé de rúa. Todos os asociados no Arteixo Centro Comercial Aberto estamos unidos por unha mesma paixón: manter o espíritu, a esencia e a orixinalidade propia de cada pequeno comercio local.
Pero esto non significa que nos durmamos nos loureiros. Non podemos competir coas franquicias ou as grandes cadeas comerciais só con boas intencións. É por iso que no Arteixo Centro Comercial Aberto iniciamos actividades que serven para modernizar e dinamizar as actividades comerciais locais. Non fai moito realizamos un taller de facebook para explicar como dar o salto as novas tecnoloxías, abrindo outras maneiras de falar cos nosos clientes; porque iso é Arteixo Centro Comercial Aberto: un lugar aberto a todos.
O noso compromiso cos comercios de Arteixo e as novas tecnoloxías vais más aló, iniciando unha campaña de posicionamiento en Google dos negocios locais dos asociados. Traballamos a través da nosa web, aupando aos negocios en google. Así, se alguen busca os mellores talleres de Arteixo aparecerá en primeira páxina un artigo que recolle unha serie de establecementos de venda e reparación de automóbiles. Se buscades moda infantil en Arteixo sucederá o mesmo para tendas de moda para os máis pequenos, e o mesmo se o facedes buscando “fogar e xardín en Arteixo” entre outros moitos términos, e seguiremos medrando neste sentido.
Ademáis, se tedes unha páxina web e sodes socios de Arteixo Centro Comercial Aberto, cando mencionemos os vosos negocios engadiremos unha ligazón ao voso negocio online, deste modo, a vosa páxina web tamén mellorará os seus postos en Google.
Engadídelle a esto a defensa que facemos dos intereses de todos os negocios de Arteixo, o asesoramento, a información sobre axudas, o apoio nas redes, os cursos de formación, os grandes eventos que dinamizan a afluencia de público ás nosas rúas, as campañas de fidelización de clientes dos asociados e moitos máis. Con todo isto, a pregunta é: se tes un negocio…. vas agardar máis para asociarte a Arteixo Centro Comercial Aberto? Ímosche dar outro motivo para decidirte xa!! Durante o mes de Xuño, se te asocias, recomendado por un establecemento que xa é socio, ámbos ides ter unha reducción do 50% na cuota semestral de xullo. Aproveita a oferta! Porque se somos máis, todos aportamos moito menos e todos ganamos moito máis. Medramos Xuntos!