Buscas coches de segunda baratos en Arteixo? Pois estás de noraboa. O día catro e cinco de marzo terá lugar a feria de vehículos de ocasión na explanada das festas.
En Auto-Arteixo, organizado por Arteixo Centro Comercial Aberto, poderás atopar ese coche que precisas ó prezo que podes pagar. Alí poderás coñecer ós nosos socios habituáis adicados ó motor: Laricar, Senra Sport, D&D Automóviles e tamén Listauto e Taller Arte Móvil-Citroën, pero ainda que a nosa oferta sexa grande hai algo que che temos que preguntar: sabes mercar coches de segunda man baratos? Non? Pois aquí van os nosos consellos para atinar.
O primeiro que tes que saber é que cando metas a chave no contacto é importante que non escoites ningún ruido, porque de facelo podería indicar un fallo no motor ou no volante. Bótalle un ollo ás rodas, desgástanse por igual por ambos lados? Si? Entón a suspensión está ben. Se notas que a goma está máis queimada nun lado que noutro iso pode ser indicador de averías. Cando collas o volante, dalle unha volta completa, fai ruido? Non? Entón ten ben a dirección.
Contámosche como mercar coches de segunda man
É fundamental que comprobes que as luces acenden, en especial as de freo. Compre tamén que movas a palanca de cambio de marchas e sentir tamén que o fai suavemente e sen ruido. En ocasións poderás notar unha sensación de rascazo, iso pode significar un problema na transmisión. Bótalle tamén un ollo ó embrague, tanto en quente como en frío, e conduce un pouco con el, prestando especial atención a cando tomas unha curva.
Os coches de segunda man baratos falan a través dos fumes do tubo de escape, da cor que sae deles. Se é negro iso quere dicir que hai un exceso de consumo de carburante, e se é branco significa que o tubo de escape tende a producir condensación, pero o meirande problema o terás se o fume é azulado, pois indica que hai un serio problema co motor.
Se segues os nosos consellos disfrutarás na nosa feria de vehículos de ocasión na explanada das festas. Se queres coches usados de segunda man baratos en Arteixo ven a Arteixo CCA.