Que é o que consegue que unha rúa en Arteixo se convirta na túa favorita para ir coa túa parella? Por suposto que o clima, a arquitectura e a data inflúen, pero o que logra que sintas amor polo sitio é a luz, e por que?
Pois porque en función de como estean dispostas as luces dun cambia totalmente a sensación que tes nel, o que sintes e o propio ambiente. Un chorro de luz branca non invita ó romanticismo que buscas para pasar unha velada para dous. Para estes momentos é preferible unha luz amarela, difusa e disposta en pequenos puntos de luz indirecta. Un concepto que se emprega na decoración exterior e tamén para personalizar unha festa popular.
As festas cunha luz máis presente e persistente son interesantes para xuntarse con amigos e amigas, provocando reunións animadas e distendidas, pero non para quedar no mismo sitio durante moito tempo detidos e sen bailar.
En Arteixo Centro Comercial Aberto contamos cun socio especialista en facer de cada lugar un sitio único empregando a luz, falamos de Iluminaciones Blanco, claro. Atópase na Avenida dos Bosques, 4. Se queres poñer luz as rúas da túa cidade, pobo ou iluminar un evento, visita a Juan Blanco na súa tenda de suministros lumínicos e pregunta polas súas solucións de iluminación.
Contacta con Iluminaciones Blanco chamando ao 609 605 765
Iluminaciones Blanco son os encargados de encher de luz os barrios cando é época de ledicia. Ademais de traballar para empresas e para os concellos, tamén o fan para particulares. Imaxina que queres organizar a túa voda no xardín da túa casa, preparando unha carpa para facer a cea na que se imite o ton das luces baixas que acostumas a ver nas películas de Hollywood. Con eles, podes.
Este é o poder da luz, capaz de facer dun lugar normal e corrente aquel que prefiras para celebrar o nadal, capaz de converter o teu chalé nunha festa entre amizades/amigos e amigas ou de transformar unha rúa corrente no máis especial dos paseos. E en Iluminaciones Blanco saben como conseguilo.