O ano está a piques de rematar e toca tomar unha importante determinación: cambiar a imaxe da túa empresa. Seguro que queres manter o mesmo logotipo, identidade corporativa e a mensaxe que transmites? En serio? Se levas xa dez anos con el. Moitas empresas manteñen o mesmo rostro durante séculos, e iso é un problema: se pareces vello, os clientes non confiarán en ti por pensar que non sabes actualizarte.
A imaxe corporativa dunha empresa ten que adaptarse ós tempos modernos. As cores estridentes, as texturas esaxeradas e as fontes de texto mal escollidas poden estar dando unha mensaxe equivocada. O mesmo aplícase á túa páxina web ou ás tarxetas que das ós posibles clientes. En Arteixo temos dous socios que son expertos en modernizar a túa empresa.
Por unha parte temos GlobalGraphic, un negocio con solera na nosa cidade e que axudaranche a facer isto é motio máis, pois tamén fan impresións e redeseñarán a túa páxina web. Global Graphic atópase no polígono industrial de Sabón, 143 bis. Eles axudaranche a decidir como dar o cambio de rumbo que precisas.
Pero primeiro tes que entender o que significa escoller un logotipo ou outro. O que agora é tendencia son os textos con cores planas, que transmitan a idea de que son sinxelos de comprender pero con moito fondo. A potencia non a ten que ter a decoración ou o grafismo das letras, senón o nome da túa empresa; porque non precisa de máis que de si mesma para convencer. Este é o espírito.
Cambia de imaxe con GlobalGraphic e Ecolíder en Arteixo
Ser claro, non abusar das cores, ser directo e conciso é tendencia. Unha vez que xa o teñas todo, é a hora de contar con Ecolíder. Atópase en Travesía de Arteixo, 347 e adícanse a brindarche tóner, produtos de impresora e de reprografía. Así poderás imprimir un millón de veces o teu novo logo corporativo nas follas da túa empresa.
E lembra, a mellor forma de adiantarte a túa competencia e cautivar ós teus futuros clientes cunha nova imaxe que cause a mellor impresión.