Mercar no pequeno comercio en Arteixo ten moitas vantaxes. Facer as túas compras no teu barrio, nunha tenda atendida por un veciño, facilita as conversas, que te coñezan e conseguir productos de primeira calidade moi cerca de ti. Os pequenos comercios de Arteixo saben que para competir coas grandes cadenas de alimentación, restauración, moda e venta en xeral teñen que elevar o listón da calidade, o prezo, da atención e do servicio, e iso é o que facemos en Arteixo.
Pero iso non é todo, mercar no pequeno comercio achégate ó barrio, faite parte del e facilita que constrúas boas relacións co sitio onde vives. Mercar en Arteixo trae riqueza á zona e favorece a aparición de propostas persoais doutros pequenos empresarios. O pequeno comercio está cheo de grandes ideas propias a descubrir.
En Arteixo Centro Comercial Aberto damos un paraugas a todos eles. Todo este ano convidámoste a un café por compras de máis de dez euros nos establecementos asociados, damos formación a través de cursos para mellorar a todos os comerciantes e acompañámoslles en internet, favorecendo a súa aparición en Google, para que máis e máis xente veña a Arteixo a coñecelos, e se es un comerciante, asóciate :).
Sabes todo o que mercar no pequeno comercio pode facer por ti?
Seguro que temos o que buscas. En Arteixo temos unha ampla oferta gastronómica, tendas de moda para todos, librerías, empresas de decoración e mobiliario, servizos para oficinas, concesionarios de primeira e segunda man e todo o que precisas para o teu día a día. Sal a rúa, respira aire puro e disfruta da visita por un centro comercial sen paredes nin teito.
Este verán cambia de aires, deixa atrás os abarrotados centros comerciáis, as marcas brancas e os comerciantes desvinculados do corazón da tenda que visites. Invirte no comercio local, coñece ós teus veciños e fai de Arteixo un lugar mellor. Grazas por elixir o teu fogar para mercar.