Mercar no pequeno comercio, motivos para facelo en Arteixo

/, Cafeterías en Arteixo, CCA Arteixo/Mercar no pequeno comercio, motivos para facelo en Arteixo

Mercar no pequeno comercio, motivos para facelo en Arteixo

Mercar no pequeno comercio en Arteixo ten moitas vantaxes. Facer as túas compras no teu barrio, nunha tenda atendida por un veciño, facilita as conversas, que te coñezan e conseguir productos de primeira calidade moi cerca de ti. Os pequenos comercios de Arteixo saben que para competir coas grandes cadenas de alimentación, restauración, moda e venta en xeral teñen que elevar o listón da calidade, o prezo, da atención e do servicio, e iso é o que facemos en Arteixo.

Pero iso non é todo, mercar no pequeno comercio achégate ó barrio, faite parte del e facilita que constrúas boas relacións co sitio onde vives. Mercar en Arteixo trae riqueza á zona e favorece a aparición de propostas persoais doutros pequenos empresarios. O pequeno comercio está cheo de grandes ideas propias a descubrir.

En Arteixo Centro Comercial Aberto damos un paraugas a todos eles. Todo este ano convidámoste a un café por compras de máis de dez euros nos establecementos asociados, damos formación a través de cursos para mellorar a todos os comerciantes e acompañámoslles en internet, favorecendo a súa aparición en Google, para que máis e máis xente veña a Arteixo a coñecelos, e se es un comerciante, asóciate :).

Mercar no pequeno comercio

Sabes todo o que mercar no pequeno comercio pode facer por ti?

Seguro que temos o que buscas. En Arteixo temos unha ampla oferta gastronómica, tendas de moda para todos, librerías, empresas de decoración e mobiliario, servizos para oficinas, concesionarios de primeira e segunda man e todo o que precisas para o teu día a día. Sal a rúa, respira aire puro e disfruta da visita por un centro comercial sen paredes nin teito.

Este verán cambia de aires, deixa atrás os abarrotados centros comerciáis, as marcas brancas e os comerciantes desvinculados do corazón da tenda que visites. Invirte no comercio local, coñece ós teus veciños e fai de Arteixo un lugar mellor. Grazas por elixir o teu fogar para mercar.

Por |2017-06-04T22:04:36+00:0004-06-2017|Bares Arteixo, Cafeterías en Arteixo, CCA Arteixo|0 Comments
X