O primeiro domingo de maio celébrase o día da nai. Neste ano a data coincide o día tres de maio, quedando menos dun mes para que atopes ese agasallo especial que é capaz de dicirlle a túa nai“grazas” por todo o que fai e fixo por ti.

Este día da nai agasalla Centro Comercial Aberto. Arteixo ten todo o que andas buscando nos seus máis de noventa establecementos asociados. Podes agasallar a túa nai cun día mercando polas nosas tendas de moda e textil. Recomendámosche Casabela Básico, unha tenda na que poderás mercar roupa actual aos mellores prezos posto que se trata de unha tenda queleva aberta dende o ano 2002 ofrecendo roupa de calidade low-cost.

“No CCA Arteixo temos moda, hostalaría, repostería e moito más para o día da nai.”

E que é un día de celebración sen un bo doce? Arteixo non quedou atrás na moda dos cupcakes e a repostería artesanal adaptada aos novos tempos. Tedes que coñecer as preciosas creacións de Claire´s Cupcakes , onde conseguiredes ese fermoso e saboroso cupcake para dicirlle á vosa nai que a queredes. E teñen moito más que iso, tamén fan brownies, muffins, cookies e moito máis: descóbreo!

 

dia de la madre qué regalar

Outro moi bo regalo pode ser unha masaxe. Falámosvos no noso anterior artigo de “Masaje Solidario”en Arteixo Láser, pero no CCA Arteixo temos moitas máis opcións, unha ampla carteira de servizos que se adaptan a ti. Presentámosvos a ARCEFI (Arteixo Centro de Fisioterapia), que fan moito más que coidar das vosas costas, tamén realizan tratamentos de ultrasons, magnetoterapia, termoterapia, electroterapia, mecanoterapia… Arteixo Centro de Fisioterapia conta ademáis con profesionais especializados que estarán encantados de aconsellarte acerca do que precisas para á túa nai.

“Agasalla unha masaxe, un día mercando aos mellores prezos e un paseo por Arteixo.”

Se á túa nai o que máis lle gusta son os perfumes, temos fantásticas perfumarías en Arteixo. Tanto a nosa perfumería Huele a ti”Siempre Sol, en Médico Amenedo Casabella, na que podes atopar estupendos perfumes de equivalencia, en Avda. do Balneario, Nº27-31, Baixo, como en Perfumería Maruxa en Canónigo Cándido Varela, Nº 3, Baixo, onde atoparedes ese perfume ou complemento que a cautivará. En ambos locais atenderánvos e guiaránvos, vós so tedes que falarlle dos gustos da vosa nai e eles daranvos os mellores consellos.

Se a túa nai é afeizoada ás manualidades, a fotografía ou as belas artes, en Enmarcaciones y Manualidades Sita, na Avda de Caión, frente a Eroski, atoparás un mundo de opcións para escoller, ou ese marco para poñer a sua foto favorita, ou un cadro que ela mesma pintou.

Arteixo CCA ten todo isto e moito máis: tendas de roupa, os mellores locais de hostalaría onde invitala ti a comer a ela por un día e celebrar un día tan especial; fogar, decoración, saúde, talleres e todo o que te poidas imaxinar o tes en Arteixo CCA, algo que é ideal se todavía non tes claro o agasallo para o día da nai. Visita Arteixo e atopa todo que estás a buscar disfrutando dos días primaverais, sin complicacións para aparcar, nin atascos, nin grandes distancias que percorrer.