O Arteixo Centro Comercial Aberto ten un compromiso firme con todos os seus socios no que se refire a dinamización dos seus negocios. É por iso que para este mes preparamos un curso para todos aqueles autónomos e pequenos comerciantes, socios do Arteixo Centro Comercial Aberto que queren aprender a facer unha páxina de facebook e usala para conectar coa súa audiencia, pero non so iso, tamén como facer promoción dos seus artigos a través da rede social.

Tomade nota das claves do curso. Premede nesta ligazón para descarregar a ficha de inscripción

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Do VENRES 10 ao XOVES 16 de Abril.

XUNTANZA INFORMATIVA AOS INTERESADOS: MÉRCORES 15 de Abril. 20:30 h no local CCA  (R/ Mestre Mateo, Nº 10, B)

CUOTAS DE PARTICIPACIÓN: CUOTA Curso RS 30 h para socios: 30 €/alumno

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Cada comercio poderá inscribir cantos participantes desexe. No caso de non haber prazas suficientes, terán prioridade: un (1) alumno de cada establecemento/comercio, orde de Inscripción, se non houbese prazas suficientes nun grupo, os  alumnos sin praza, serán informados da existencia de prazas disponibles noutro grupo. Tamén poderá optar por quedar en Lista de Espera.

Facebook é unha potente ferramenta que serve como un escaparate do teu negocio ao mundo. Saber empregar a rede social permitirache: establecer unha canle aberta cos teus consumidores, promocionar os teus productos, facer publicidade do teu negocio sexa do tipo que sexa e contactar con clientes novos; en definitiva: vender e medrar.

facebook arteixo centro comercial aberto

 

Aínda que teñas xa certos coñecementos en Facebook, aconsellámosche vir ao curso. Ensinarémosche a responder a unha crítica e empregala no teu favor, o que se pode facer e o que non nas redes sociais, cal é a mellor maneira de publicar fotos e tamén a interpretar todos os datos e estadísticas que Facebook pon á túa disposición

O horario dos cursos de facebook de Arteixo Centro Comercial Aberto é o seguinte:

GRUPO RS_1: Luns, Mércores e Venres de 15:00 a 16:30 horas

6,5 semás: Do Luns 27 de abril ao Mércores 10 de xuño

GRUPO RS_2: Luns, Mércores e Venres de 21:00 a 22:30 horas

6,5 semás: Do Luns 27 de abril ao Mércores 10 de xuño

GRUPO RS_3: Martes e Xoves de 20:30 a 22:30 horas

7,5 semás: Do Martes 28 de abril ao Martes 16 de xuño