Seguro que durante o verán distrutaches un montón dos nosos bares, da nosa oferta de restaurantes e das cervexas e viños dos locais que conforman a hostalaría de Arteixo. Pois ben, o verán xa rematou e agora toca baixar todos eses quiliños de máis. Por fortuna, facendo uns cambios na túa dieta e cun pouco de exercicio conseguiralo sen problemas.
O primeiro que tes que facer é deixar atrás a carne vermella, o alcohol e o tabaco, e…xa que estás… decidirte a percorrer as nosas rúas todolos días, paseando ou correndo durante polo menos corenta e cinco minutos. Podes mellorar a tua figura con estas sinxelas pautas e tendo ben a man estes tres establecementos de Arteixo Centro Comercial Aberto:
Sabor Place, compras saudables en Arteixo
Sabor Place conta cun gran surtido de productos ecolóxicos, verduras, lácteos e tamén organizan charlas sobre alimentación e nutrición. É unha boa idea chamar á tenda e pedir cita para acudir a unha. Crees que comes ben? Sempre é un bo momento para mellorar a túa dieta. Contacta con Arantxa en Sabor Place chamando ao 981 907 33 e cambia o teu xeito de comer.
Pescadería Botero Gundín en Arteixo
O peixe é unha forma estupenda de comer proteínas, omega 3 e vitaminas sen pasarnos coas graxas. É frecuente que deixemos de lado ó peixe por pereza, porque nos gusta máis a carne ou porque temos medo a atoparnos algunha espiña nel. Se che soa algún destes problemas, déixache aconsellar por Alfredo Gundín e o seu equipo. Chama a súa peixería a través do número 616 126 141, diranche que peixe é o mellor para ti e o xeito de preparalo.
Panadería Gestal en Arteixo
Quizais che pareza un pouco estraño que rematemos este artigo acerca de como baixar de peso cunha panadería, pero lembra que se vas facer deporte precisarás enerxía, hidratos de carbono que deberás consumir pola mañán para aguantar activo o resto do día. A clave para perder quiliños non é matarse de fame, é comer de xeito equilibrado.
Esperamos que estes consellos che axuden a recuperar a liña. Combina unha boa alimentación cun chisco de deporte e volverás estar perfecto.