No Centro Comercial Aberto Arteixo contamos coas mellores opcións de perruquería, perfumaría e depilación láser, podendo deseñar toda unha tarde de coidados de beleza para ti, ou para ti e a tua parella; un plan perfecto antes de desfrutar da nosa ampla oferta de hostalaría e da noite de Arteixo.

Poderás elixir entre dúas perruqerías. Por un lado temos a “Peluquería Yolanda”, un salón exclusivo adicado ao coidado do cabelo, a tratalo con agarimo a coidalo. A “Peluquería Yolanda” é un espazo exclusivo para facerte o tinte, cortar as puntas, porte cor, hidratar e coidar o teu cabelo. Poderás atopar unha das mellores perruquerías de Arteixo na Rúa Ría de Ferrol, 4. Pide cita chamando ó número 981 600 823.

Outra excelente perruquería en Arteixo é “Peluquería Imaxe” e é unisex. En imaxe non só poderás arranxar o teu cabelo, tamén facerte unha das populares manipedis, pedir cita para unha sesión de solarium, porte extensións ou solicitar un alisado con keratina. Para pedir cita a este centro de estética, chama ó número 981 640 429. Visita Perruquería Imaxe en Rúa Médico Amenedo Casabella.

Peluquerías en Arteixo

E tras visitar as nosas perruquerías en Arteixo toca facerse a láser

Agora que xa tes o cabelo perfecto é hora de acudir ó noso centro especializado en fotodepilación. En Arteixo Láser poderás recibir unha relaxante masaxe ademáis de cumprir coa túa rutina de depilación. Poderás atopar Arteixo Láser en Rúa General Mosquera Palleiro.

Tras ter o cabelo perfecto, estar relaxada e coa depilación láser feita, que recomendamos facer antes de acudir a esa cita especial nun dos mellores restaurantes de Artexio? É obvio, escoller o perfume axeitado, e temos o comercio perfecto para iso.

Unha das que máis sabe de perfumes e Perfumería Maruxa. Ubicada na Rúa Canónigo Cándido Varela 3; alí poderás atopar una ampla variedade e selección de perfumes e complementos. Se decidiches facer este plan de beleza coa túa parella, na Perfumería Maruxa seguro que tamén atopas algo para o teu mozo ou moza.

E con todo o plan de beleza listo, é hora de acudir a un dos moitos restaurantes en Arteixo; como dis? Que non coñeces a nosa oferta de hostalaría, pois preme nesta ligazón e coñeceos a todos, e non esquezas de participar nos nosos concursos de tapas en febreiro e agosto!

Peluquerías en Arteixo

A saúde non se acada solo con coidarse por fora, tamén por dentro!

Recorda que estamos no mes do deporte en Arteixo, e que o CCA fai tamén a sua aposta polos hábitos de vida saudable. Por iso todas as compras deste mes nos asociados, están premiadas con rifas para o sorteo de 5 balóns firmados por xogadores no dépor, e este sábado 29, faremos aerobic na praza do Balneario e celebraremos o sorteo ás 12:30 horas.

Ademáis temos ofertas exclusivas ata o 31 de outubro en 5 establecementois saudables: Ópticas Romay e Balneario Visión, ARCEFI centro de Fisioterapia ofrece bonos de 2 sesións por 30 €, e a Peixería Botero Gundín ten o pulpo a prezo de custo para os clientes da Campaña TEN VISTA! Cóida-T co CCA. Ademáis a Piscina Municipal, premia as novas altas no Centro Deportivo Municipal, con regalo de camisetas e vales de compra para a sua tenda deportiva.

con Arteixo CCA!!Precisas máis motivos para facer exercicio e coidar a tua alimentación, músculos e vista?? Así que xa sabes…. inclúe o exercicio como parte da túa rutina de beleza e… TEN VISTA! Cóida-T