Fai frío? Que mellor que un cafeciño para entrar en calor? En Arteixo Centro Comercial Aberto non so temos restaurantes en Arteixo tamén encantadoras cafeterías onde tomar un café boísimo.

Todo depende do estilo que che guste de local e con quen veñas acompañado; por exemplo, temos Arume Arpado en Eugenio Carré, un local íntimo, moderno e de liñas oscuras en claro contraste con outras brancas. Un lugar perfecto para ter unha agradable cita de domingo.

Cervexerias en Arteixo

Áncora Café, en Xeral Mosquera Palleiro, é unha das nosas cafeterías en Arteixo favoritas para ir con amigos, un lugar onde predomina a madeira e o color crema e no que ese café despóis de comer transfórmase na primeira copa da tarde; sobre todo tras botarlle un ollo os seus combinados premium.

Visita as nosas cafeterías en Arteixo para probar o mellor café

A cafetería en Arteixo Castelao aposta polo clásico, o que é fácil adiviñar tendo como inspiración un dos nosos personaxes máis importantes. Na cafetería Castelao non só poderas tomar un rico café, tamén acompañalo cunha tapa, por se aínda non comeches ese día.

cafeterias en arteixo

Bata de Guata é unha agarimosa cafetería en Arteixo que aposta por unha mezcla entre o teatral, os anos corenta e o sol. Se fai bo día pásate por Rúa General Mosquera Palleiro e tómate un petisco desfrutando da mañá ou da tarde. Se Bata de Guata é a tranquilidade, Barcode, en Rúa das Flores é pura actividade.

Tanto de día como de noite, ven coñecer as nosas cafeterías en Arteixo

Poderás vir ver o partido, tomar un café ou empezar a noite con gin-tonics nun ambiente ecléctico e xove. Se vas cun grupo de amigos nos que uns queren tomar café e outros unha cervexa, o máis recomendable e que camiñedes ata a cervexería Fénix en Paseo doBalneario 10. Son especialistas nas dúas cousas, así que no teredesningún problema.

cafeterias en arteixo

Seguiremos falando das nosas cafeterías, bares e restaurantes en Arteixo en seguintes artigos, pois eles son o pulso de Arteixo Centro Comercial Aberto xunto co resto de comercios que temos. Así que ponte guapa e a tomar un café.