Hoxe falaremos de tres restaurantes e locais de hostalaría en Arteixo que non entenden de modas, que forman parte do corazón da nosa cidade e que son de visita obrigada se vides visitarnos. Cada un é perfecto para unha ocasión especial. Comezamos.

Restaurante e cafetería Castelao – Perfecto se hai fútbol

A cafetería Castelao é un lugar de referencia na nosa villa, un que se pon a tope en días de fútbol. Os motivos son tres: teñen futbolín, unha cousa moi nosa e que xa non se atopan tan a cotío como antes, contan cunhas tapas boísimas de autor e tradicionais (pedide as almexas con fabas ou a tortilla) e porque a súa cervexa conta coa cualidade fundamental de estar sempre ben fría.

Cando xogue o depor, xa sabedes: Rúa Ría de Noia, nº 5.

 

mejores restaurantes de arteixo

Restaurante en Arteixo ‘Mesón do Caramuxo’ – Se queres comer bo marisco, adiante

O Mesón do Caramuxo é onde tes que ir se o que queres é gozar dun bo prato de percebes seguido dunha carne de calidade excepcional. Pero que esta introdución non che leve a engano, pese á súa sofisticación, o Mesón do Caramuxo segue sendo, no fondo, ese mesón de sempre onde xuntarse coa familia e celebrar unha ocasión especial.

Visita a Suso Castro (creo que o leva ela, pero nos documentos que teño non o deixa claro, así que quítao) e ó seu equipo en Travesía de Arteixo, 68; por certo, non vos perdades a súa extensa carta de viños, tan ben escollida que é a protagonista da Vinoteca do Caramuxo, outro estupendo local que segue coa filosofía do restaurante: amigos, trato cercano, boa comida e moita diversión.

Restaurante e café bar ‘Arume Arpado’ – Para ir con amigos e con nenos

Arume Arpado é a última proposta que che presentamos hoxe; e cando ir a este local de hostalaría? Pois cando teñas fame e queiras probar unha boa ración, rica, barata e contundente, pero tamén cando queiras pasar un bo rato cos teus fillos ou fillas. Porque o café bar ‘Arume Arpado’ atópase en Eugenio Carré, baixo 12, tendo un parque con randeeiras  moi preto.

Así que xa sabedes, se toca partido, baixades a dar un paseo con nenos ou queredes probar as delicias da noso mar, elixide Arteixo.