Resúltache familiar esta situación?: queres estar en internet, queres acadar novos clientes empregando as redes sociais pero non tes tempo para escribir a diario en facebook, twitter, instagram, youtube e pinterest. Sabendo isto, a pregunta é: cal é a mellor rede social para o meu negocio?
Como bos galegos responderemos: “depende”, porque depende de moitos factores: quen é o teu público obxectivo, en que área xeográfica, de que idade, con que hábitos de compra, que tipo de producto ou servizo é o teu, etc. Pero a pesar delo, ímosvos dar algúns consellos que poden funcionar nun 80% dos casos para sacarlle partido ás redes sociáis empregando un tempo reducido cada día. Sóache ben? Pois imos alá.
Se se trata de priorizar en que podes rentabilizar mellor o pouco tempo que tes, o primeiro que che recomendamos é que descartes twitter. Esta rede social require moito tempo de dedicación para sacarlle partido. É unha moi boa ferramenta para determinado nicho de público e funciona moi ben para gañar visitas ao blog de noticias, pero se o que ti queres é vender, posiblemente non é a rede social á que lle sacarás máis partido, especialmente en proporción ao tempo de dedicación que require.
Cal é a mellor rede social para o meu comercio en Arteixo? Agora mesmo proba con Instagram
Pinterest non está nada mal, pero é unha rede que non acaba de despuntar como motor de venda. Hai comunidade nela, pero con Pinterest ocorre como con twitter, require de moito tempo para exprimila ben. Chegamos á raiña das redes sociais: facebook. Tes que ter un perfil de facebook, pero non é en facebook onde convén actualizar máis a cotio. Facebook é unha boa ferramenta para que os teus usuarios se comuníquen contigo. Pero pode bastar con que tí fagas un par de posts semanáis para manter a conversa, e atendendo tamén ao que o teu público ten que dicirche, claro.
Pero as tendencias din que agora mesmo, onde tes que invertir moita enerxía é nas tuas publicacións en instagram e youtube. Están de moda e permiten xerar contido en vídeo de fácil consumo. Non importa que teñas unha tenda de moda, un bar ou un negocio de construcción en Arteixo, agora mesmo é aquí onde se concentra o maior crecemento de usuarios.
Combina os teus artigos con publicacións en youtube
O mellor de todo é que poderás crear contido grabándote co teu móvil e subindo eses vídeos a instagram nun intre, e a partires destas duas redes, poderás compartir esos contidos tamén en facebook.
Para saber máis acerca de cómo sacarlle o máximo partido ás redes sociáis, o CCA ven de impartir un novo curso sobre o tema, así que estate moi atento ás próximas convocatorias que faremos en Arteixo Centro Comercial Aberto. E se es un comercio en Arteixo e todavía non formas parte da nosa asociación únete para disfrutar das vantaxes que temos para ti, como por exemplo, a nova tenda electrónica, descontos para a contratación de profesionais na xestión de contidos de redes sociais e webs, e moito máis.