Este é o mes das fotos no Arteixo Centro Comercial Aberto. Se fai uns días propoñíamos participar no II Concurso Fotográfico Arteixo CCA, hoxe presentámosvos o Concurso de Fotografía Comercio con Talento. Non perdades a oportunidades de participar cos vosos mellores traballos, posto que haberá premios económicos de ata 400 euros para o gañador.
Participar é moi sinxelo, tedes que vir a Arteixo e conseguir retratar coas vosas cámaras “o talento” dos establecementos que forman Arteixo Centro Comercial Aberto; xa sabedes, a maxia que fai de cada pequena tenda un espazo único. Esa chispa pode vir da súa decoración, interiorismo, o packaging dos seus productos e, por suposto, dos propios donos da tenda e a sua maneira de atender e vender os seus productos.
O primeiro é atopar ese negocio de Arteixo que creades que ten ese algo especial. Cando o fagades, é necesario que asinen a autorización que podedes descargar nesta ligazón; por suposto tamén podedes facer a foto no voso propio establecemento e asinar vosoutros mesmos a autorización.
O motivo para facer isto último é porque as fotos estarán subidas no facebook do Portal do Comerciante e así todos os que visiten o seu facebook poderán ver por que teñen que visitarvos. A data de recepción remata o día 31 de maio, estando as imaxes expostas en facebook do 1 ao 30 de xuño. Gañará aquela que reciba máis “me gusta” na súa publicación. E os premios? Haberá seis gañadores cos seguintes premios:
Un primeiro gañador de 400 euros
Un segundo gañador de 250 euros
Un terceiro gañador de 150 euros
Un cuarto gañador de 100 euros
Dous quintos gañadores con dous premio de 50 euros
Para saber cómo enviar as vosas fotos e toda a información completa facede click nesta ligazón, onde podedes atopar as bases. No Arteixo Centro Comercial Aberto apoiamos este concurso e temos moitas ganas de ver as vosas creacións. Nos creemos no encanto que teñen os pequenos comercios que dan vida a Arteixo, e estamos desexando velo retratado a través das vosas cámaras.