Nesta serie de artigos nos que falamos dos restaurantes en Arteixo, queremos falarvos das cafeterías que forman parte no do noso Centro Comercial Aberto: as cafeterías en Arteixo. Como son moitas, repartiremos esta sección que fala das cafeterías en dous. Hoxe trataremos das seguintes, que esperamos que vos gusten. Se non sodes de Arteixo, animádevos a visitalas porque se sodes do pobo, seguro que xa as coñecedes
Café-Bar Rancho El Molino
A Cafetería en Arteixo Rancho El Molino atópase en Rúa Médico Amenedo Casabella, nº 6, baixo (Arteixo 15142). Podedes ir á cafetería a tomar un café, pero recomendávosmos ir a mediodía a tomar un viño e pedir o pincho do día. Esta cafetería en Arteixo é un local acolledor e que recende a fogar, cunha decoración moi característica que dende sempre foi famosa en Arteixo, destacando o seu apartado no que o grupo se senta arredor da roda dun muiño que fai de mesa, baixo unha cuberta de brezo. Sempre que pasedes por Arteixo ide a visitalos e deixádevos cautivar polos seus pinchos e viños.
Cafetería en Arteixo O Petisco
A cafetería O Petisco é unha ampla cafetería en Arteixo na parte alta da principal rúa peonil do pobo, é unha proposta para toda a familia onde poderedes ir cos voso fillos e disfrutar de comida internacional para grandes e pequenos. O trato é exquisito, profesional e amigable e o local é moi chulo, teñen wifi e os seus prezos son moi económicos; ademáis os productos son todos caseiros. Visitade O Petisco en Avda. do Balneario, nº 50, baixo (Arteixo 15142), e visitade o seu facebook para saber o que teñen de menú.
Cafetería y bar de tapas Triskel
O Triskel é unha cafetería en Arteixo e un restaurante con todas as de lei, sendo a súa especialidade as tapas. Teñen unha ampla variedade para combinar con todos viños da súa carta. Visitádeos en Rua Alcalde Francisco Mosquera, 1 (Arteixo 15142), e podedes chamar ao número de teléfono 981 909 009 se queredes facer unha reserva para comer ou cear no Triskel. Sorprenderavos o delicioso dos pratos das sua carta e os seus menús.
Cafetería en Arteixo Castelao
Terminamos a nosa primera lista de cafeterías e restaurantes en Arteixo coa cafetería Castelao. Podedes visitalos en Rúa Ría de Noia, nº 5 (Arteixo 15142). Como xa víchedes no resto das nosas propostas de hoxe, estas catro cafeterías son moito máis que cafeterías; teñen ricas tapas, espazos que son fogar e propostas para amigos e toda a familia. A cafetería Castelao tamén é moi coñecida e visitada, famosa polos seus abondantes pinchos, e polas suas deliciosas tapas variadas todos os días, e preparadas para ti se ves a coñecelos a Arteixo. Por certo, foi o gañador do Concurso de Tapas por Arteixo de Agosto 2014!!