Queres sacar o carnet de conducir? Se xa tes dezaoito anos, é o teu momento. Acadarás independencia e liberdade. Se vives en Arteixo, poderás conseguir o teu no RACC, onde tamén faranche o seguro cando merques o teu primeiro coche. Como sabemos que estarás a pensar que sacar o carnet de conducir non é doado, imos contarche uns truquillos para que o teñas antes.
A parte que é máis aburrida do proceso é a do exame teórico. Para aprobalo non tes que estudar todo o libro nen facer apuntes, é mellor que visites a web da DGT e fagas todos os que están nela varias veces. A continuación, vai o libro e estuda as preguntas que máis se repiten. No exame, non respondas o tun-tun. Se non sabes a resposta dunha segue ata a seguinte.
Segue os nos trucos para sacar o carnet de conducir rápido
Antes de comezar coas prácticas de conducir é mellor que engatuses ó teu pai ou a túa nai e vaiades practicar nun aparcadoiro un serán. Aprende a meter as marchas, frear e onde se atopa cada panca e botón. Se o fas así, cando comeces con elas terás moito adiantado. O máis difícil para alguén que comeza a conducir é aparcar, así que practica varias veces, tanto metendo o auto en horizontal.
Precisarás un mínimo de vinte prácticas para poder ir ó exame. O mellor que podes facer a semana antes é percorrer a ruta habitual da proba en coche. Para saber cal é só tes que falar cos que fixeron o test algúns días antes e terás a pista.
Esperamos que estes trucos para sacar o carnet de conducir rápido che axuden. Recorda que en Arteixo tes moitas opcións para mercar o teu coche de segunda man, aforrando e conseguindo o teu primero bólido. Agora, a conducir con precaución.