Feira de Oportunidades marzo 2017

O CCA de Arteixo celebrará como cada ano unha FEIRA DE OPORTUNIDADES a primeira fin de semá completa de Marzo, Sábado 4 e Domingo 5, de 10 a 21 horas.

A Feira celábrase nunha carpa de máis de 1000 metros cadrados na no centro da Explanada das Festas, na Avda. de Fisterra, e a carón da Oficina de Turismo de Arteixo.

Celebraremos tamén unha nova Edición da FEIRA de Vehículos de Ocasión AUTO-ARTEIXO. Os vehículos estarán expostos de novo nos aparcamentos que rodean a explanada das Festas, constituindo as duas feiras (Oportunidades e Vehículos de Ocasión) un “todo” compacto para ofrecer maior comodidade, variedade e vistosidade aos visitantes e clientes.

A Feira conta de novo cunha nutrida e variada oferta de máis de 100 vehículos de Ocasión que se poderán ver e mercar na exposición de AutoArteixo, e dentro da Carpa da Feira de Oportunidades atoparemos as xa coñecidas e esperadas oportunidades de roupa e calzado infantil, de home e muller, lenzaría, complementos, menaxe,  seguros, servicio de cafetería para poder descansar, tomar refrescos, café ou comer. Máis aínda, como novidade, se a climatoloxía o permite, haberá Pulpo. Outra novidade é que no interior da carpa haberá unha atracción de camas elásticas para os nenos máis enérxicos

Ademáis desas camas elásticas, o ocio está garantido tamén cunha zona infantil gratuita, pechada e vixiada onde os nenos serán atendidos polos monitores especializados do Centro de Ocio Infantil de Arteixo: PETIT PAS, mentres os maiores están paseando ou mercando.

Nas 2 feiras expoñen 25 establecementos e ocupan unha superficie duns 3.000 metros cadrados, para pasear, atopar productos e servizos moi variados e para todos os gustos e necesidades, mercar boas oportunidades, tomar algo, e pasar un bo día.

Contaremos cos apreciados sorteos  nos que participarán os clientes xa que se entregan rifas con cada compra. Os premios son  Vales regalo cos que mercar en calquera dos establecementos expositores (xa fora da feira) e impresionantes lotes de obsequios.

Tradicionalmente asisten a esta feira entre 12 e 15.000 visitantes de toda a comarca.

Escoita as promocións

 

Peche da Feira

O domingo 5 de marzo ás 21 horas, pechamos a Feira de Oportunidades e a Feira de Vehículos de Ocasión por todo o alto co sorteo de 6 premios en vales para compras e 2 lotes de Agasallos. A tenda MEBÁ sorteou 3 vales de 50€ para próximas compras para así celebrar o seu 15 aniversario. E o CCA sorteou 3 vales de 50, 70 e 100€ respectivamente, ademáis de 2 lotes de agasallos. Pechamos así unha edición máis desta feira na que de novo se superaron os 10.000 visitantes (moito máis holgados este ano, xa que tivemos unha carpa moito máis grande do habitual), máis dunha ducia de coches vendidos e un volume de negocio que superou os 275.000€. Grazas a todos por visitarnos!! Vémonos nas tendas!

Por | 2017-03-28T13:01:43+00:00 03-03-2017|Uncategorized|0 Comments
X