Mellores restaurantes en Arteixo para ir de tostas

Mellores restaurantes en Arteixo para ir de tostas

Non coñeces as tostas? Esta tendencia gastronómica leva pegando forte xa hai uns anos, contando en Arteixo con tres restaurantes que as fan de luxo. Se buscas un planazo, suma estas propostas ás que podes atopar neste outro artigo, e acertarás, vaias con amigos ou coa túa parella.

Restaurantes en Arteixo cunhas tostas boísimas – 40 y tantos

 ‘40 y tantos’ é un lugar de reunión de amigos; para tomar un unha tosta, sí, pero tamén para degustar outro manxar da súa ampla carta de tapas. O segredo é mesturar unha boa rebanada de pan feito en Arteixo con productos da nosa horta e chegados do resto do mundo.

Se es novo nisto das tostas, visita este restaurante en Paseo do Balneario, 2 baixo  e pregúntalle a Alejandra por cal comezar. Non poderás comer só unha. E se prefires outro plato, en 40 y tantos atoparás o ideal para ti.

Onde comer tostas en Arteixo con toda a familia – O Petisco

O Petisco é outra das nosas propostas gastronómicas perfectas para ir de tapas. Nesta ocasión, pensada para toda a familia posto que Carlos Loureiro e os seus teñen instalado no seu local unha divertida zona infantil. Deixa que os teus fillos xoguen mentres ti pides unhas tostas neste restaurante. A clave do seu éxito é un bo prezo e tostas feitas só con productos caseiros. Repetirás.

mellores restaurantes de arteixo

Os mellores restaurantes en Arteixo para petiscar – La Ventana

Rematamos estos consellos con La Ventana. Teñen unhas tostas moi saborosas ademais doutros petiscos, unha carta de viños moi boa e un local precioso. Se tedes ganas de comer tostas para dous no mellor ambiente recomendámosvos La Ventana.

Se non sabedes por onde empezar, pedídelle consello a Manuel Dopico, saberá dicirvos cal é a tosta ideal para comer co viño perfecto.

Tanto se queredes picar algo coa vosa parella, a vosa familia ou entre amigos, tedes unha proposta de dez nun dos nosos centros asociados. E cal é, de todos, o mellor para nós? Pois todos! Así que comezade en La Ventana, seguide con O Petisco e rematade en 40 y tantos. Elixide a orde que queirades, o importante é que desfrutedes de Arteixo ó voso gusto.

X