O NADAL EN ARTEIXO CCA, máis Nadal que nunca

//O NADAL EN ARTEIXO CCA, máis Nadal que nunca

O NADAL EN ARTEIXO CCA, máis Nadal que nunca

Sen dúbida para unha asociación como a nosa, integrada por pequenos comerciantes e hostaleiros ademáis de sector servizos, o Nadal é unha época importantísima para o resultado anual, xa que é unha das campañas á que destinan máis presuposto os consumidores.

Aínda que ben é certo que o gasto se fai tamén en grandes superficies e en internet, cada vez son máis os consumidores que escollen ao comercio local para unha parte importante das suas compras, especialmente cando nos últimos tempos, a base de comparar prezos, cada vez máis xente comproba que o prezo dun mesmo producto, da mesma marca e modelo, case sempre é máis baixo nun comercio de Arteixo a prezo normal, que nunha grande superficie, mesmo con descontos aplicados!

A maiores diso, a poboación é cada vez máis sensible a que grazas ao esforzo anual do pequeno comercio e especialmente da asociación de comerciantes, hai en Arteixo actividades de animación e dinamización de rúa, promocións, premios, etc…  e en xeral unha vidilla… que todos queren que continue, e saben que para que eso sexa posible, os negocios teñen que seguir abertos, e para iso precisan clientes; comprar aquí parte das súas necesidades é o xeito que teñen os consumidores de apoiar estas iniciativas e facer que todo esto sexa posible.

Todos somos conscientes de cal é o noso papel, de como podemos contribuir a que esto siga mellorando: un pobo con escaparates iluminados e portas abertas, un pobo que prospera e siga sendo cada vez máis vivo e seguro, depende de que haxa pequeño comercio, de que os comerciantes se asocien e traballen xuntos, aportando cuotas e acadando subvencións e destinando ese presuposto a unha extensísima programación anual para todos os veciños; e depende de que os clientes, apoien e contribuan facendo unha parte do seu gasto no comercio local e participando de xeito activo nas actividades que se propoñen. Unidos, conseguimos un pobo mellor.

En Nadal, Arteixo CCA quere dar as gracias a todos os asociados, a todos os negocios do pobo que abren a porta cada día, e moi especialmente a toda a poboación que vive ou traballa aquí, e tamén á que cando pasa por aquí… fai unha parada. GRAZAS!

Para 2017 pedimos que siga en aumento o sentido común e a mentalidade asociacionista dos que saben que o que nos une é moito máis que o que nos separa, que unidos temos máis forza e máis capacidade de facer cousas, e de facer as cousas mellor e mellor cada vez, en prol de todos: dos nosos negocios, dos nosos veciños e do noso pobo.

Os comerciantes e hostaleiros aspiramos a obter un bo resultado económico este mes de decembro, e tamén a que todo o mundo disfrute destas festas. Por iso o CCA sempre se plantexou o Nadal como unha data na que dar aínda máis que o resto do ano, unha época na que actuar como coordinador de enerxías de todos aqueles que tamén queren dar e axudar.

No programa do CCA para estas festas, hai premios, regalos e sorteos para os nosos clientes, como agradecemento pola sua confianza e como agradecemento a que nos axuden a manter en marcha a economía do pobo. Pero a campaña máis importante para nós é O NADAL SOLIDARIO, no que nos aliamos cos escolares do Concello, para cambiar postais navideñas por alimentos non perecedoiros que Cáritas distribúe dende o seu banco de alimentos entre as familias máis desfavorecidas do noso Concello. E este ano cun plus: o CCA fará un donativo de ata 450 € en metálico para que Cáritas dispoña tamén de alimentos frescos (pan e peixe). Cantas máis postais se cambien por alimentos nas tendas, maior será o importe do donativo da asociación.  E este ano ademáis, sorteamos 160 € en material escolar, entre as aulas dos colexos colaboradores.

Ademáis disto, Papá Nöel visitará as ruas o sábado 24 pola mañá repartindo caramelos e agasallos aos nenos. Nos comercios repartimos 10.000 boletos dos cales 5.000 teñen premio directo; repartimos rifas para 2 cestas de nadal (unha con obsequios dos comerciantes e o sector Servicios; e outra con productos de Hostalaría), e un agasallo moi especial no sorteo deste Nadal, porque a 3ª cesta non será unha cesta, senón unha estancia en Madrid con entradas para o Parque Warner!!! Así que non perdades o noso sorteo presencial o sábado 17 de decembro, ás 14 horas, ao remate da feira do Galo na Praza do Balneario, xusto antes da sesión Vermú!

E como cada ano, repartiremos aos nosos clientes invitacións a chocolate para os nenos e nenas. A chocolatada será o día 5 de xaneiro na avenida do Balneario, mentres esperamos que pase a cabalgata de Reis.

Con isto e moita ilusión, a asociación de comerciantes, hostaleiros e pequenos empresarios de Arteixo: Arteixo Centro Comercial Aberto (o CCA), deséxavos a todos unhas moi Felices Festas e un maravilloso ano 2017. Vémonos nas rúas!!! Nos bares, nos comercios… e no facebook Arteixo CCA… e na web www.ccaarteixo.com …. Da igual onde… o importante é … que nos vexamos! 😉

 

GRAZAS POR UN ANO MÁIS,

MERCANDO NO COMERCIO LOCAL

E APOIANDO O ASOCIACIONISMO

 

Gañadores do Sorteo das Cestas de Nadal

O CCA sorteou o sábado 17 de decembro, no remate da Feira do Galo as suas 2 cestas de nadal e unha viaxe. NORABOA aos gañadores: TITO gañou unha estancia en Madrid con entradas ao Parque Warner. LAURA Riveiro levou unha cesta xenial da hostalaría con xamón e todo, unha chea de botellas, conservas…. e RUBÉN marchou pletórico coa super-cesta de comercio coincindo co día do seu cumpreanos. Grazas a todos por confiar no comercio local e asociado un ano máis!!

FELICES FESTAS DE PARTE DE TODOS OS SOCIOS DO CCA.

Por | 2017-04-03T17:21:17+00:00 22-12-2016|Uncategorized|0 Comments
X