O xoves 24 de agosto ás 12:30 horas, tivo lugar na Hamburguesería Ivi, a rolda de prensa de presentación da XI edición do Concurso de Tapas por Arteixo.

A esta presentación acodiron en representación do CCA, os 2 gañadores da anterior edición: Fernando Díaz do Ivi e Carlos Loureiro do Petisco, gañadores dos premios á Mellor Tapa Xurado Profesional e Mellor Tapa Xurado Popular respectivametne, e que ademáis presentaron as súas tapas para este concurso.
 
Asistiron tamén o Tenente Alcalde do Concello de Arteixo, José María Sánchez Novo, e a Concelleira de Emprego e Promoción Económica, Patricia Amado. Completou a mesa María Sande de Coca Cola, marca colaboradora do concurso.
 
Aquí puidemos ver unha mostra das 8 botellas Magnum de Viño (Torre La Moreira e Regina Viarium) que se van sortear entre os clientes do roteiro de tapas que voten pola sua tapa favorita e polo local co mellor servizo. Ademáis de manterse o habitual SORTEO DE 2 PREMIOS DE 150 € e 1 PREMIO de 300 €.
 
Vimos tamén os roteiros que ademáis de mapa, servirán como papeleta de selado e voto para o sorteo, e soubemos que será necesario probar 6 tapas para poder votar e entrar nos sorteos.
 
Falouse tamén do roteiro de Tendas na Rúa que terá lugar o 2º fin de semana das tapas, do 1 ao 3 de setembro, e a feira de Vehículos de Ocasión “AutoArteixo” que terá lugar o 2 e 3 de setembro no vial do centro cívico, no paseo fluvial no centro do pobo, e non na explanada das festas como se dí erróneamente na cartelería, así que atentos a este ponto.
 
A Concelleira de Emprego alabou estas iniciativas que ademáis levan a un repunte do emprego e as demandas de profesionais do sector como detectan no seu departamento en cada concurso, e tamén o Tenente Alcalde fixo fincapé no interese deste tipo de eventos, non só dirixidos ao público local e comarcal, senón que a nivel turístico posicionan a nosa vila e son foco de atracción para a localidade de Arteixo, polo cal desexou toda a sorte posible aos establecementos participantes e que sexa de disfrute para todos os visitantes da casa e de fóra.
 
María Sande da marca Coca Cola, presentou duas plataformas que a multinacional puxo en marcha recentemente para apoiar ao sector hostaleiro, dunha banda poñendo en valor e axudando na formación continua aos camareiros e camareiras a través de www.bartalentlab.com, e doutra banda, con hostelería #porelclima, que axuda e guía ás empresas e empregados da hostalaría, en como facer os seus negocios máis coherentes coa preocupación cada vez máis xeneralizada co coidado do medioambente e a responsabilidade que todos temos nesta materia.
 
Non queda máis que segur informándonos a través da web e o facebook de Arteixo CCA e da app do concurso “Quedamos de Tapas” e… o máis importante… ir “De Tapas e Tendas por Arteixo” para probalo todo en vivo e en directo, dende mañá venres 25 de agosto, e ata o domingo 3 de setembro, de venres a domingos.