Estamos moi contentos de lanzar esta campaña na que lembramos a importancia de aumentar pouco a pouco, esta gran familia que son os comercios e empresas asociados a Arteixo Centro Comercial Aberto.
Creemos no asociacionismo, creemos na asociación dos comerciantes, hostaleiros e empresarios de Arteixo
Non só APOSTAMOS POLO CCA, senón que…. SUBIMOS A APOSTA!
Levamos anos apostando por campañas e formas de promoción cada vez máis innovadoras, cada vez con mellores resultados, con mellor comunicación interna na asociación, e máis repercusión cara fóra. Non queremos que ninguén se baixe do carro, queremos que cada vez máis comerciantes e empresarios, e máis veciños de Arteixo se beneficien do traballo da asociación. Queremos que haxa máis socios, porque iso significa ter máis ideas, coñecer máis necesidades, apostar por novos proxectos e desenvolver máis traballo en prol de todos.
PAGADE A METADE!!
Para medrar xuntos, no mes de xuño de 2015, tanto se eres un socio antiguo coma se eres novo, podes beneficiarte dunha oferta moi especial: os socios que “traian” un novo socio, van pagar o 50% de cuota no 2º semestre de 2015, e o novo socio, tamén se beneficiará do mesmo desconto de benvida e pagará 75 € este semestre, co único requisito dun compromiso de permanencia de 12 meses, ata xuño de 2016.
Temos un obxectivo para 2016: superar o centenar de socios. Queremos superar calquera hito anterior na historia do CCA e ver publicado este titular:
2016: Arteixo CCA supera cómodamente os 100 asociados.
Os comerciantes de Arteixo: Un exemplo de unión e de traballo en común!!
Móvete!, Únete!, Asóciate!
ARTEIXO CCA: XUNTOS MEDRAMOS