Fai pouco celebramos unha auténtica festa gastronómica nos restaurantes de Arteixo co noso Concurso de Tapas por Arteixo, e agora tócalle o turno á Festa das Oportunidades, dende moda infantil ata coches…. de todo podes atopar aos mellores prezos nas duas feiras que celebramos o 5 e 6 de Setembro, e por suposto tamén coa presencia da mellor oferta de hostalaría. Nesta ocasión Feria de Oportunidades e a IV edición da Feira de Vehículos de Ocasión Auto Arteixo terán lugar, de maneira conxunta o 5 e 6 de setembro, de 10 a 21 horas. Lembrade o motivo principal para acudir: Aproveitar tódalas ofertas de restos de tempada que os comerciantes poñen a vosa disposición, e ter todos xuntos unha morea de coches seminovos para, cómodamente: ver, probar, escoller e mercar.

A FEIRA de OPORTUNIDADES Arteixo CCA, e a FEIRA de Vehículos de Ocasión “AUTO-ARTEIXO”, celebraranse o 5 e 6 de setembro na explanada das festas

O peche da tempada e das rebaixas en moda infantil, home, muller, e moda xoven foron o primeiro motivos polo que, ano tras ano, a Feira de Oportunidades de Arteixo CCA se convertiu nun éxito e foi medrando cada vez máis. Dende hai 2 anos, organizamos tamén a Feira de V.O.  Auto-Arteixo, e non deixan de aumentar a cantidade e a variedade de productos e servizos que podemos atopar a prezos inmellorables nesta feira. Máis que unha feria, é toda unha celebración do pequeno comercio en Arteixo; festexamos o apoio da xente do lugar, dos veciños de Arteixo e de toda a comarca . Grazas a éles, Arteixo Centro Comercial Aberto, a man que xunta ao pequeno comercio de Arteixo medra, e tamén a economía e a sociedade do noso pobo.

feria de oportunidades arteixo

Nesta Feria de Oportunidades e Auto-Arteixo teremos máis de 3.ooo metros cadrados de expositores, onde poderedes atopar as mellores ofertas en marcas de moda e calzado infantil, de home, muller,  xuvenil, complementos, perfumería, repostería, mobles de descanso, electrodomésticos, menaxe, larpeiradas, xoguetes, e ata unha óptica!! Pero tamén atoparedes máis de 100 vehículos de ocasión para ver e mercar, así que ofrecemos cousas para todos os gustos e necesidades, sen esquecer, poder tomar un refresco, un café, ou comer algo, descansar…

A FEIRA AUTO-ARTEIXO e a ocasión perfecta para coñecer o que o pequeno comercio de Arteixo ten para ofrecerche

Como queremos que todo o mundo disfrute da Feria de Oportunidades e de Auto-Arteixo, tamén temos unha zoa habilitada para os máis pequenos, cunha mostra do que o novo Centro de Ocio Infantil en Arteixo, chamado “Petit Pas” ofrece dende o 1 de Setembro na Avda do Balneario, en pleno centro do pobo. Tede por seguro que na zona infantil da feira os nenos estarán totalmente atendidos e controlados e disfrutarán dunha oferta de ocio pensada para eles, mentres os maiores poden disfrutar deste grande escaparate que temos de hostalaría, moda, alimentación, autos e moito máis en Arteixo.

vehiculos de ocasion arteixo

Como xa se fixo na edición de marzo, a Feira de Oportunidades terá lugar no interior dunha grande carpa, no centro da explanada das festas; mentres que os vehículos da Feira de V.O. Auto-Arteixo, estarán expostos, arredor da devandita carpa, de xeito que é moi doado e cómodo visitar ambas feiras que constituen un bloque único.

Pero isto non é todo, haberá sorteos de regalos e de premios en metálico, o domingo ás 20 horas, entre todos os que fagan algunha compra na feira ao longo da fin de semá.

E para os amantes do motor aínda haberá outra grata noticia, xa que nesta ocasión as feiras do CCA, coinciden coa celebración do mítico Rally da Coruña, que se recupera, despois de moitos anos sin celebrarse, incluindo algunha das súas antiguas etapas no Concello de Arteixo, e disfrutaremos ademáis dunha exhibición dos coches do Rally, no aparcamento do campo de fútbol. Así que como vedes, podemos pasar un día e unha fin de semá ben completiña en Arteixo.

Arteixo Centro Comercial Aberto aposta polo pequeno comercio, pola variedade, pola dinamización da nosa cidade, pero sobretodo, aposta por Arteixo e por ti. Vide o 5 e 6 de setembro, de 10 a 21 horas á carpa da Explanada de Festas. Ali gozaremos de todo o que Arteixo ten para ofrecerche: roupa, calzado, complementos, perfumería, mobles, servizos ópticos, xoguetería, gastronomía, motor e máis; canta cousa, non credes? para todos os gustos. Esperámovos!

feria de oportunidades arteixo

Escoita a promoción

LISTADO DE EXPOSITORES
Arteixo Centro Comercial Aberto Ana La modista de los peques
Brooklyn Calzados Pasos
Calzados Ramos Casual Kids
Claire’s Cupcakes Correcamiños
Don Dino Dous Andares
Dulces Cocorico Huele a ti
In off Lencería Maneux
Mira Home Náttex
Óptica Romay Perfumería Maruxa
Pratos Rotos SEA
Tres Sorrisos Triscos
Ek Chuah Xiana
Carmen Melero – Costume Listauto
Coruña Automoción Senra Sport
D&D Arte Móvil