Achégase a volta ao cole para os máis pequenos e moitos especialistas recomendan non facer un cambio de rutina brusco, senón alternar os novos hábitos e horarios, con momentos divertidos típicos do verán. E que hai máis divertido que levar aos teus nenos a algunha das festas infantís, eventos ou actuacións que se celebran en Arteixo? Por iso ímosvos presentar dous artigos onde atoparedes todo o que necesitades para montar a mellor festa infantil.

En Arteixo Centro Comercial Aberto temos moitos pequenos comercios que che axudarán a poñer ben guapos aos nenos para ir de festa e para ir ao cole, e tamén temos onde mercar todo o que precisan para o cole e o inverno, e agasallos para cumpreanos e festas. Pero o primeiro é o primeiro: ónde imos celebrar as mellores festas infantís en Arteixo?

 

festas infantís arteixo

Centro de ocio educativo e de festas infantís Petit Pas

Petit Pas acaba de abrir as suas portas e de unirse a Arteixo Centro Comercial Aberto. De seguro vaise convertir no teu lugar favorito para organizar festas infantís e disfrutar cos máis pequenos. Petit Pas atópase en Avda. do Balneario, 29 (Arteixo 15142). Podedes ver no seu facebook todo o que van montando, pasade pola súa rede social ou mellor aínda, polo local, para coñecer as suas proxeccións 3D e  interactivas, as suas salas de xogos de oitenta metros cadrados e comezade a planificar as vosas festas infantís.

 

xoguetes en arteixo

Xoguetería en Arteixo Don Dino

Don Dino atópase en Rúa Uxío Noveneyra, 4 (Arteixo 15142), podedes chamalos ó número 981 633 302. Na xoguetería Don Dino atoparedes xoguetes de sempre, os xoguetes máis vendidos e os que máis gustan aos nenos e nenas. Os xogos, xoguetes, mochilas e moito máis que atopas en xoguetería en Arteixo Don Dino son agasallos perfectos para levalos como sorpresa ás festas infantís dos amigos dos vosos fillos.

Moda infantil en Arteixo Tres sorrisos

Toca poñelos ben guapos. Para iso nada mellor que visitar a tenda de moda infantil en Arteixo Tres Sorrisos, así poderán acudir a calquera das festas infantís que se lles propoñan estreando a roupa más chula. O comercio de moda infantil Tres sorrisos está en Rúa Ría de Pontevedra, nº 6 baixo (Arteixo 15142) e nesta ligazón tedes o seu facebook.

 

tenda de larpeiradas arteixo

Larpeiradas Xiana

Que é unha festa infantil sen larpeiradas? En Avda. do Balneario, 16 (Arteixo 15142) está a tenda de chuches Xiana. Antes dunha festa infantil é fundamental armarse ben de larpeiradas e doces e aquí podedes encargar tartas de chuches con todo tipo de formas, bolsiñas de larpeiradas, piñatas, e outros moitos artigos para por ben bonita a vosa festa.

Como ves, podes atopar todo o que precisas en Arteixo para facer a festa do teu fillo e os seus amigos, se é a ti a quen lle toca facela, e aínda veremos máis no próximo artigo. Só nos queda lembrarche que despois de organizala, e mentres os pequenos se divirten en mans de profesionais, os adultos podedes aproveitar para relaxarvos e disfrutar dunha ampla selección de restaurantes en Arteixo, de bares, restaurantes e locáis que temos en Arteixo Centro Comercial Aberto, e así pasar todos unha tarde tremenda. Podedes ver toda a lista da nosa oferta de ocio clicando nesta ligazón.

Dende Arteixo Centro Comercial Aberto desexámovos aos pais toda a paciencia e enerxía do mundo coa volta ao cole dos nenos. Mesturade nestes derradeiros días de verán diversión e disciplina, levádeos máis cedo para a cama, pero ben cansos e contentos, despois de disfrutar das festas infantís que Arteixo vos permite organizar. Mercade nos nosos comercios asociados todo o que precisan para rematar o verán e arrancar o inverno e o curso, e acudide a calquera dos nosos establecementos de ocio en Arteixo a disfrutar da mellor comida e compañía.