Deixamos atrás o verán, é o momento de levar a nosa roupa de manga curta ao trasteiro, as bermudas e as chanclas, e renovar o noso calzado. O outono é época de botas, de zapatos quentiños e de zapatillas de andar pola casa de felpa. É por iso que hoxe queremos presentarvos as mellores zapaterías en Arteixo e que son parte do CCA. ¡E tamén poderedes mercar calzado deportivo!
Pasos, Ramos, Dous Andares, In Off ou Correcamiños son so algunhas das zapaterías en Arteixo que mellor coidarán dos vosos pés. Por sorte, estos días aínda fai algo de sol, pero nun intre o ceo encherase de nubarróns e o chan de charcos; non ides deixar aos vosos cativos andar pola rúa con zapato de verán, ¿certo? Repasemos os comercios en Arteixo adicados ós vosos pes
Zapaterías en Arteixo para home e muller – Ramos
Calzados Ramos, comenzou sendo unha tenda de reparación para acabar facendo, a día de hoxe, uns zapatos de moi alta calidade. Se queredes diferenciarvos, visitadeos. Ademáis, siguen ofrecendo o servizo de reparación de calzado, ademáis de duplicado de chaves e venda de complementos para o coidado do pé e o calzado.
Zapaterías en Arteixo con moda e calidade – Pasos
Para señora e cabaleiro. En Pasos poderedes atopar marcas como Camper, Pedro Miralles, Geox o Diesel a moi bos prezos, a verdade.
Zapaterías infantís en Arteixo e para todos – Dous Andares
Na Avda. dos Bosques atoparás as mellores marcas en calzado infantil de Arteixo, os básicos para o colexo e todo o trote dos mñais peques da casa. E ademáis as zapatillas máis chulas para andar pola casa para toda a familia.
Zapaterías en Arteixo para xente de espíritu xove – Correcamiños
Unha excelente selección de marcas para nenos e nenas e tamén para maiores, Correcamiños non é só unha zapatería, alí atoparás tanto ese calzado que andas a buscar para enfrentarte os rigores do outono como as últimas tendencias en moda; unha que é capaz de rexuvenecer.
Pero se o que vos gusta son as mellores ZAPAS, a vosa tenda en Arteixo (e no seu facebook) é…
In Off – para o teu calzado casual e street en Arteixo
As mellores marcas e calidade en zapas para encaixar nos estilos máis xóvenes.
Ademáis de estas zapaterías en Arteixo, non dubidedes en achegarvos a Mebá, Mira Home, Triscos ou Brooklyn, das que falaremos en futuros artigos e que ademáis de zapatos tamén venden moda. Alí tamén atoparedes tanto algunha peza de calzado como tamén roupa ideal para estas datas. E agora que xa temos os pés preparados e quentiños, todos a sair a rúa a comer castañas! E non olvidades que se vides de fora temos unha ampla oferta de restaurantes e bares para desfrutar na vosa visita a Arteixo.