Pola súa participación no Nadal Solidario
O pasado martes 20 de decembro, celebrouse na Oficina de Turismo o Sorteo de 160 € en material escolar entre todas as aulas participantes no Nadal Solidario de Arteixo Centro Comercial Aberto.
Contamos coa asistencia de María Figueroa, coordinadora de actividades extraescolares do CEIP de Galán, e con Benigno Gómez, xefe estudos CEIP Arteixo. Moitas grazas por acompañarnos neste acto, xunto coa Concelleira de emprego e desenvolvemento, Patricia Amado, e o presidente do CCA de Arteixo, Diego Lozano.
O aula gañadora do sorteo foi 5º E de Educación Infantil do CEIP Ponte dos Brozos!! Noraboa!!!
Agardamos que estes 160 € para a compra de material escolar, vos resulten de utilidade, disfrute e aprendizaxe.
Grazas a todas as escolas polas vosas fermosas postais e pola enorme colaboración dos veciños e veciñas na recollida de alimentos en prol das familias máis desfavorecidas do noso Concello.
A recollida foi moi importante, pero aínda quedan moitas postais por recoller, e alimentos por recibir para a recollida do día 4 de xaneiro, e lembrade: cantas máis postais se recollan, maior será o donativo que fará o CCA a Cáritas para a compra de alimentos frescos cos que complementar os vosos donativos de alimentos non perecedoiros; por iso queremos animar a todas as familias, pero tamén a calquera veciño e veciña de Arteixo, ou visitante, a que se ve postais nalgún dos comercios asociados do CCA, non dubide en pedir unha e facer o seu donativo de alimentos!!
Estamos felices de poder contribuir coa axuda de todos vós a que o Nadal… sexa máis Nadal que nunca!! Grazas a todos e Felices Festas!!