O II Concurso de Fotografía Arteixo Centro Comercial Aberto pechou xa o seu prazo de inscripción. Recibimos moitas participacións, boísimas instantáneas do que máis nos gusta no Arteixo Centro Comercial Aberto: o agarimo co que o pequeno comercio de Arteixo atende a quenes chegan as suas floristerías, talleres, bares, tendas de moda… É un pracer anunciar que xa están publicadas as fotografías concursantes no facebook de Arteixo Centro Comercial Aberto.
Ademáis de outros criteiros, como o look and feel que desprenden. Tedes 2 semás para votar, así que non deixedes de facelo e de animar a outros amigos a participar e, por suposto, a visitar os establecementos do Arteixo Centro Comercial Aberto retratados para vivir os sentimentos que se desprenden da propia fotografía.
Entre as 10 fotografías máis votadas, un xurado profesional, decidirá quen leva o 1º (200 €) e 2º premio (100 €). Todos os semifinalistas obterán ademáis un diploma e a sua fotografía impresa en gran formato. Lembrámosvos que o xurado profesional estará integrado por:
Oscar García García.- Fotógrafo e Propietario do Estudio de Fotografía “ revela.es ”, en Arteixo e asociado ao CCA
Raúl Vázquez Moreira.- Maestro fotógrafo e Premio á calidade fotográfica (por FEPFI). Propietario do estudio de fotografía “Estudio m” en Arteixo
Pedro Puig.- xefe de fotografía de El Ideal Gallego
Grazas a todos os concursantes por compartir conosco o seu arte e o seu particular lente aplicado aos traballadores, comerciantes e pequenos empresarios de Arteixo. Entre todos facemos de Arteixo un lugar ideal para distrutar e vivir, con unha grande oferta de ocio e servizos para todos os gustos e necesidades. Para nos, Arteixo é algo máis que un lugar, é a suma de todos os que facedes posible que Arteixo Centro Comercial sexa o que é hoxe en día Moita sorte a todos e, de novo, grazas.