O Sábado 18 en Arteixo foi xenial!! As rúas enchéronse con pais, fillos, e familias completas en realidade, xogando xuntos na chea de actividades dispoñibles.
No alto da Avda do Balenario tiñamos unha pista de Obstáculos, preto de O Petisco, Óptica Romay e Triscos. Un pouco máis abaixo, á altura de Canónigo Cándido Varela, estaba o Toro Mecánico, frente a CAsual Kids, e moi preto de Meb, Xiana, ou Cervexería Play.
Na Praza do Balneario, frente ao Pimpollo e Code, estaba o impresionante rocódromo de escalada e tobogán, e na Praza das Viñas, frente a Arume Arpado e Bajo Trece, tivemos o circuito con Karts de Pedais e Trickets.
En todos estos lugares tivemos ademáis xogos como minigolf, 3 en raia, e diversos xogos de puntería e habilidade.
Cando unha familia completaba o circuito, remataba o roteiro, achegándose á Travesía de Arteixo, a carón de Calzados Ramos, Don Dino e Librería Mina, frente a Náttex e a Modista dos Peques, e alí convidámolos a palomitas para repoñer forzas e levaron de premio talonarios con vales de desconto. Tamén alí deixaban a sua papeleta na urna para os 3 sorteos que realizamos ao longo da tarde, e nos que atopamos a 3 gañadores dos 170 € en vales de compra. Eles foron: Carlos de la Fuente González, José Francisco Louro Pan e Diego Fernando Vargas Giraldo.
Estamos felices de que unha vez máis a xente de Arteixo e os visitantes gostaran tanto desta iniciativa do CCA, e xa recollemos as peticións de que o Día da nai, sexa un Día igual de grande así que… queda prometido… e xa falta pouco!!!
Grazas a todos por mercar no comercio local e grazas a todos por participar e disfrutar destas iniciativas coas que con tanto agarimo, os comerciantes asociados de “Arteixo Centro Comercial Aberto” vos queren agradecer a vosa fidelidade.
Para ver todas as fotos ir a Galería