Esta misma semá subiamos á web un primeiro artigo sobre Festas Infantís en Arteixo; onde celebralas, onde merca-las larpeiradas e poñiamos unha ligazón aos nosos restaurantes en Arteixo, cafeterías e locais onde tamén podiades pasar unha boa tarde cos vosos fillos e amigos. Pero ese artigo sobre Festas Infantís en Arteixo estaba incompreto. Faltaban dúas cousas fundamentáis: onde facerse con unha rica tarta e onde mercar os agasallos para os nenos.
Un bo lugar onde atopar os mellores agasallos para festas infantís en Arteixo, é nas librerías de Arteixo Centro Comercial Aberto. Nas librerías asociadas o Arteixo Centro Comercial atópanse, ademáis de libros e material escolar, as cousiñas que máis gostan aos cativos, tanto os libros que os enganchan nunha idade perfecta para que collan o hábito da lectura e disfrutar con ela, como os complementos das marcas que máis lles molan. Tómade boa nota.

Librería en Arteixo Mina

Está en Travesía de Arteixo, 335 bis (Arteixo 15142) e tamén podes localizalos no teléfono 981 640 627. Na librería en Arteixo Mina atoparás libros e contos perfectos para agasallar, e as carteiras, estuches e carpetas cos seus personaxes favoritos, e cos que acertarás nos teus agasallos nesas festas infantís das que hoxe falamos

Librerías en Arteixo
Librería en Arteixo Marina

A librería en Arteixo Marina Atópase na Avda. Finisterre, 175 (Arteixo 15142) ou no 981 640 620, podes encargar libros de literatura, novidades e contos infantís, agasallos e xoguetes didácticos cos que sorprender.
En Arteixo Centro Comercial Aberto contamos tamén con duas das mellores e máis orixinais pastelerías en Arteixo onde encargar a tarta máis espectacular e persoalizada, ou os cupcakes máis deliciosos para as vosas festas infantís.

 

Pastelerías en Arteixo

Pastelería e Repostería Artesanal en Arteixo Claire´s Cupcakes

A pastelería Claire´s Cupcakes Está en Travesía de Arteixo, 353 (Arteixo 15142). Podedes facer encargos no local ou por teléfono ou concertar unha cita no 661 655 418; Clara pode asesorarvos sobre a sua excelente repostería creativa e productos artesanais como cupcakes, brownies, muffins e cookies, cos que sorprender nas festas infantís ás que vaiades en Arteixo, e por suposto en festas para toda a familia.

pastelería en Arteixo

Pastelería e Repostería Artesanal en Arteixo Dulces Cocorico

Atópase na Rúa Ría de Ferrol, nº 13 (Arteixo – 15142). Elena é a creadora desta delicias de repostería artesanal en Arteixo, tartas de fondant, e mesas doces e saladas para todo tipo de eventos. Mesmo podes facer unha especial Festa Infantil coa sua axuda, cos seus obradoiros de repostería e cociña no local Cocorico, ou mercando material de repostería para facer os vosos propios doces cos nenos e nenas na casa.

Como vedes, podedes atopar todo o preciso para pasar o mellor día cos vosos pequenos sen sair de Arteixo. Agora só tedes que disfrutar. Esperámovos.