Arteixo Centro Comercial Aberto, celebrou neste mes de maio o seu 2º Concurso Fotográfico, que ten como obxectivo achegar a mirada dos consumidores ao valor que ten o Comercio Local a nivel económico, social, familiar, de seguridade e veciñanza, así como o valor estético que os comercios aportan ás vilas. Por todo elo, o CCA enfatiza a necesidade de que os consumidores apoien ao comercio local, mercando nel de xeito preferente a facelo en grandes superficies fora da vila.

O lema deste 2º Concurso foi: “Pequeno comercio: emprego e Vida en Arteixo”, e cada participante aportou a sua maneira de ver o emprego e a vida en Arteixo nas súas fotografías.

Entre as 10 máis votadas no facebook do CCA polo público en xeral, un xurado profesional, integrado por Oscar García do Estudo revela.es, Raúl Vázquez de Estudio m, e Pedro Puig, fotógrafo de El Ideal Gallego, nomearon as 2 fotografías premiadas que foron co 1º premio: “Tradicións Sempre Vivas” de José Antonio Pereira, e co 2º premio “Venres de Foliada na Baiuca II” de Raquel Gamallo.

 

1º premio:  "Tradicións Sempre Vivas" de José Antonio Pereira

1º premio: “Tradicións Sempre Vivas” de José Antonio Pereira

 

2º premio "Venres de Foliada na Baiuca II" de Raquel Gamallo

2º premio “Venres de Foliada na Baiuca II” de Raquel Gamallo

 

Noraboa aos premiados que disfrutarán dun premio económico que deben consumir en formato de compra rápida nos establecementos do CCA o sábado 30 de maio, ademáis do diploma e reproducción da sua fotografía en gran formato. O resto dos semifinalista obterán tamén un diploma e a reproducción da sua fotografía.

Ademáis as fotografías participantes quedarán expostas na Oficina de turismo de Arteixo dende o 30 de maio ao 30 de xuño, así que non perdan a oportunidade de visitar e disfrutar esta pequena escolma de imaxes do comercio local, tratadas do xeito máis artístico e agarimoso.