O sábado 19 de setembro comenza o II Obradoiro de Confección de Traxes 1900 de Arteixo CCA. De novo cunha asombrosa acollida, que nos anima a tratar de duplicar as prazas en próximas edicións. Durante 4 sábados de 10 a 14 horas, as monitoras e alumnos patronarán, cortarán e coserán os traxes para lucir durante a XVI Feira Histórica Arteixo 1900 que organiza o Concello de Arteixo, e coa que colaboran os Comerciantes, Hostaleiros e empresas de Servizos asociados ao CCA, ao igual que moitas outras asociacións e entidades e empresas do pobo, xa que é unha das festas favoritas de todos.
A Feira Histórica vai ter lugar, coma sempre, a 3ª fin de semá de Outubro, dende o venres 16 ata o domingo 18, e virá de novo cargadísima de programación para tódolos gustos e idades. Moi pronto publicaremos o programa, así que estade atentos, e facede un oco na vosa axenda para esa fin de semá. Invitade a amigos e familia doutras localidades a vir, porque vailles encantar e quererán repetir seguro!
En breve, daremos máis información.